Inicio Galicia A misión comercial da Xunta en México permite ás empresas galegas consolidar...

A misión comercial da Xunta en México permite ás empresas galegas consolidar a súa presenza neste mercado

0

Preto de medio centenar de compañías da Comunidade participaron esta semana nas accións comerciais programadas no país azteca

Cidade de México (México), 6 de maio de 2018.- A misión comercial a México que esta semana encabezou o presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, con preto de medio centenar de firmas facilitará que o tecido empresarial galego poida consolidar a súa presenza neste mercado e abrir novas vías de negocio. Á consecución deste obxectivo contribíu tanto o Encontro gastronómico con Galicia, celebrado durante o 2 e 3 de maio na Cidade de México, como o traballo desenvolvido pola Xunta e a Cámara de Comercio da Coruña a través do Plan Foexga para que 22 firmas da Comunidade de diferentes sectores -como a automoción, TIC ou da maquinaria industrial e naval- concertasen un centenar de reunións no país azteca.

O Encontro gastronómico con Galicia, organizado pola Xunta e a Cámara de Comercio da Coruña, tivo como obxectivo servir de escaparate para amosar a excelencia dos produtos galegos, consolidar Galicia como destino internacional, e animar aos asistentes a que se sumen aos máis de 20.000 mexicanos que o pasado ano visitaron a nosa Comunidade.

Leer más:  Díaz muestra preocupación por el plan de Altri, "complejo" porque "pone en riesgo un desarrollo sostenible"

Durante os dous días nos que se celebrou o encontro, as 25 empresas do sector agroalimentario galego tiveron a oportunidade de presentar os seus produtos no Showroom de produtores no que estiveron presentes viños das denominacións de orixe galegas; así como produtos gourmet, entre eles, conservas de pescado e marisco, carne, aceite de oliva, queixos e infusións. Esta oferta gastronómica contou coa visita de máis de 200 profesionais do mundo da alimentación gourmet, entre importadores, distribuidores, sumilleres e prescriptores.

No marco deste evento realizáronse outro tipo de accións complementarias para dar a coñecer a gastronomía galega. En concreto, organizáronse cinco showcookings, catro catas e unha mesa redonda que contaron coa asistencia de 300 profesionais. Tamén se realizou un tour gastronómico con xantares e ceas maridaxe nas que colaboraron prestixiosos chefs galegos e mexicanos e nas que participaron ao redor de 450 persoas.

Froito deste encontro, empresas como Coren, Torre de Núñez, Queixeiros da Chaira, Quinta Couselo ou Bodegas Montepío iniciaron ou consolidaron a súa presenza neste mercado, mentres que outras como Conservas Palacio de Oriente ou as adegas Martín Códax e Terras Gauda -que levan anos implantadas en México- tiveron un importante papel para consolidar a oferta da gastronomía galega grazas á súa presenza e prestixio no canle Horeca, así como na alimentación gourmet.

Leer más:  Rueda denosta la alianza europea del BNG, al que el PPdeG ve "más cerca del terrorismo que de los gallegos"

A Xunta, a Asociación Nacional de Fabricantes de Conservas de Pescado (Anfaco) e o Clúster Alimentario de Galicia (Clusaga) mantiveron unha reunión coa Asociación Nacional de Tiendas de Autoservicio y Departamentales de México (Antad) na que se acordou que unha representación do sector mar-alimentario galego asista, como rexión convidada, á vindeira edición da feira Antad Alimentaria, que se celebrará o ano que vén na cidade de Guadalajara. Trátase dun evento que conta coa presenza de 30 países e máis de 46.000 visitantes no que Galicia terá a oportunidade de presentar a calidade dos seus produtos.

Ademais, na misión comercial organizada pola Xunta, a través do Igape, e a Cámara de Comercio da Coruña, dentro do Plan Foexga, participaron 22 empresas de diferentes sectores como a confección infantil, consultorías TIC, enxeñarías, automoción, maquinaria industrial, naval e do sector da alimentación. En total, concertáronse un centenar de reunións para abrir novas vías de negocio entre Galicia e México, un destino prioritario na estratexia de internacionalización galega debido á afinidade cultural entre ambos os dous territorios e á gran acollida dos produtos galegos neste país.

Leer más:  Convocadas ayudas por 1,63 millones de euros para proyectos de conservación de los seis parques naturales gallegos

Neste sentido, cómpre destacar a presenza cada vez maior de empesas galegas do sector da consultoría e as TIC nas misións comerciais que se realizan a México, así como o seu crecente peso dentro da balanza comercial entre Galicia e o país azteca. Dentro do plan Foexga, ao longo deste ano están programadas máis accións promocionais, o que permitirá dar continuidade e seguimento aos contactos realizados durante esta misión comercial.


- Te recomendamos -