Inicio Galicia A mellora integral da PO-308 que a Xunta está a acometer no...

A mellora integral da PO-308 que a Xunta está a acometer no Concello de Poio permitiu habilitar un novo acceso a Raxó para vehículos e reservar a vía antiga para os peóns

0

Continúa pendente aínda a execución por parte do Concello de Poio da nova vía desde Raxó, para a que a Xunta xa realizou as expropiacións

A mellora integral que a Xunta está a acometer na estrada PO-308 ao seu paso polo concello de Poio permitiu habilitar un novo acceso ao núcleo de Raxó para os vehículos, quedando reservada a antiga vía municipal para o uso exclusivo e seguro por parte dos peóns.

Actualmente continúa pendente de execución por parte do Concello de Poio a nova vía municipal de acceso desde Raxó, que foi facilitada a través das obras da Xunta, que tamén realizou as expropiacións. A Consellería de Infraestruturas e Mobilidade lamenta a absoluta falta de colaboración do Concello en todo o proceso de mellora da estrada principal do municipio, que está a supor un antes e un despois na súa seguridade viaria.

As obras que está a impulsar o Goberno galego na PO-308 en Poio, cun investimento de máis de 7 millóns de euros, non só supoñen mellorar o tránsito ao longo da estrada, senón tamén o acondicionamento das interseccións.

No día de hoxe, a Xunta puxo en servizo un novo semáforo con pulsador en Chancelas, como actuación complementaria ao proxecto de seguridade viaria que se desenvolverá nese entorno, e que se sumarán ás xa practicamente finalizadas entre O Covelo e Raxó.

O Goberno galego está a cumprir os seus compromisos cos veciños de Poio, acometendo o acondicionamento integral da estrada, o que contrasta coa falta de implicación do Concello na resolución dos problemas viarios do municipio, derivados, principalmente, da carencia dun instrumento urbanístico actualizado que permita ordear e planificar a súa estrutura territorial e mobilidade.

Dejar una respuesta

Please enter your comment!
Nombre