Inicio Galicia A Laracha incrementa nun 150% as axudas recibidas por parte da Xunta...

A Laracha incrementa nun 150% as axudas recibidas por parte da Xunta desde que é Concello Emprendedor

0

Conde salienta o lugar preferente que ocupan os concellos que comparten coa Administración galega a importancia de captar novos investimentos, o que lles permite acceder a liñas de axuda para impulsar a economía e o comercio local

O conselleiro de Economía, Emprego e Industria, Francisco Conde, destacou hoxe a importancia da colaboración entre administracións porque facilita o impulso do emprego e da actividade económica nos concellos de Galicia. Fíxoo durante un encontro que mantivo con alumnos e profesores das iniciativas en materia laboral –obradoiros e un Programa Integrado de Emprego– que está a desenvolver o Concello da Laracha en colaboración coa Xunta. Neste sentido, desde que A Laracha é Concello Emprendedor ten incrementadas as axudas recibidas pola Administración galega nun 150%.

A Laracha adquiriu en febreiro de 2018 este certificado que acredita que comparte coa Xunta o seu compromiso de impulsar mecanismos que favorezan a captación de novos investimentos no concello. Desde entón, A Laracha recibiu de media 780.000 euros ao ano (2018 e 2019) a través das convocatorias autonómicas para impulsar a economía e o comercio local e nas que teñen preferencia os Concellos Emprendedores, fronte aos 310.000 euros anuais recibidos durante os exercicios 2016 e 2017.

Conde destacou o caso das axudas a viveiros industriais –A Laracha ultima a posta en marcha da instalación– ou dos obradoiros e programas integrados de emprego, que supoñen unha oportunidade para acceder a un posto de traballo a través da formación, a chave para entrar con garantías no mercado laboral e para que as empresas poidan contar con man de obra cualificada.

O Programa Integrado de Emprego deste concello busca facilitar o acceso ao mercado laboral de 100 desempregados. Con respecto aos obradoiros, participan 36 persoas. En concreto, 16 rapaces e rapaces están a realizar diferentes labores no concello como o coidado de persoas maiores en institucións sociais, a fabricación de mobiliario en madeira para os polideportivos da Laracha e Caión e tamén tarefas de panelado da Casa da Cultura do concello. Xunto con esta iniciativa, na Laracha estase a desenvolver outro obradoiro dual no que se forman 20 persoas desempregadas que tamén están a desempeñar traballos de reparación en distintos inmobles municipais.

Durante este encontro, aproveitouse para informar de que permanece aberta ata o 21 de maio a convocatoria de apoios para implantar redes de distribución eléctrica nos polígonos de Galicia, cun investimento de 4,4, millóns de euros e na que tamén teñen prioridade os Concellos Emprendedores. 

Dejar una respuesta

Please enter your comment!
Nombre