Inicio Galicia A industria está a apostar por Galicia con máis de 2000M? en...

A industria está a apostar por Galicia con máis de 2000M? en investimentos en sectores estratéxicos e emerxentes

0

O conselleiro de Economía, Emprego e Industria, Francisco Conde, subliña que a Comunidade ten aprendido a competir en escenarios máis exixentes que no pasado, subliñando a aposta pola transformación dixital e a Industria 4.0

O conselleiro de Economía, Emprego e Industria, Francisco Conde, destacou hoxe no Parlamento que o sector industrial está a apostar por Galicia, con máis de 2000 millóns de euros en investimentos que se están executando en sectores estratéxicos como a automoción, o naval, o agroalimentario e o forestal e outros emerxentes como o aeronáutico ou as enerxías renovables.

O conselleiro demandou unha resposta unánime do Parlamento en defensa da industria galega e das preto de 170.000 persoas que traballan nela, apostando pola estabilidade, pola solvencia e pola competitividade. Así, o conselleiro insistiu en que é preciso continuar avanzando cara unha maior simplificación nos trámites administrativos, en máis facilidades no acceso ao solo empresarial e máis incentivos fiscais, como se está a facer a través da Lei de Emprendemento e da Lei de implantación empresarial, coa colaboración dos 121 Concellos Emprendedores que se sumaron a este propósito a través do convenio entre a Xunta e a Fegamp. Nesta liña, tamén se creou a figura das Iniciativas Empresariais Prioritarias, que poden ver reducidos os seus prazos de tramitación á metade.

Conde apuntou que Galicia ten aprendido a competir en escenarios máis exixentes que no pasado, subliñando a aposta do tecido empresarial pola transformación dixital e a Industria 4.0, con iniciativas como os proxectos 4.0 impulsados polos clústeres, e as business factories Auto, Aero e Food. O conselleiro de Economía, Emprego e Industria tamén fixo fincapé na súa intervención no esforzo das empresas galegas por innovar, e así, lembrou os proxectos de fábrica intelixente que están a desenvolver PSA, Finsa, Cupa e Copo, ou as 39 Unidades Mixtas de Investigación nas que se alían empresas e centros de coñecemento.

Para seguir avanzando neste eido, Conde defendeu a colaboración para achegar un clima favorable que dea maior impulso ao desenvolvemento industrial, sabendo aproveitar as potencialidades que ofrecen os sectores emerxentes na economía global ao tempo que se adaptan as industrias tradicionais e se aposta pola súa innovación e diversificación.

O conselleiro demandou do Goberno central que achegue seguridade xurídica e estabilidade, subliñando que a transición enerxética ten que ir máis aló de defender as renovables a costa de castigar á industria e ao diésel e pechar centrais térmicas sen sequera ofrecer plans industriais alternativos. Do mesmo xeito, Conde abondou na necesidade de fixar un prezo eléctrico estable e competitivo, que garanta a continuidade de Alcoa, Ferroatlántica e do resto de empresas electrointensivas galegas. 

Dejar una respuesta

Please enter your comment!
Nombre