Inicio Galicia A guía Michelín recoñece a máis de 20 restaurantes galegos co Bib...

A guía Michelín recoñece a máis de 20 restaurantes galegos co Bib Gourmand por achegar a alta gastronomía a todos os públicos

0

A directora de Turismo de Galicia, participou hoxe en Vigo no acto de entrega dos distintivos aos establecementos que ofrecen a mellor relación calidade prezo e que están preparados para a súa primeira Estrella Michelín

A directora de turismo de Galicia, Nava Castro, participou hoxe en Vigo no acto de presentación dos novos Bib Gourmand Michelín 2018, un recoñecemento que ofrece esta prestixiosa guía a todos a aqueles restaurantes que brindan a mellor relación calidade prezo cunha oferta gastronómica completa e que demostra, ademais, que están preparados para recibir a súa primeira Estrella Michelín. Galicia conta durante este ano cun total de 22 establecementos con este recoñecemento.

Durante o acto, a directora de Turismo puxo en valor a “especial contribución” que a enogastronomía e a gran cantidade de profesionais altamente preparados neste eido está a ter para que Galicia sexa “cada vez un destino mellor”, explicou. Neste sentido referiuse ao primeiro trimestre do ano no que a Comunidade galega recibiu máis de 630.000 turistas, medrou por riba da media española e foi quen de desestacionalizar a demanda e diversificar a súa oferta, sendo o turismo rural o que liderou este crecemento.

Nava Castro recordou, ademais, a importancia que a enogastronomía ten na folla de ruta do turismo galego deste ano, no que se está a traballar xa na posta en marcha do novo Plan de Turismo Enogastronómico que potenciará a tradición culinaria así como os seus produtos autóctonos. Tamén estimulará a relación entre a cociña e os centros de investigación e innovación vinculados coa gastronomía, así como as receitas relacionadas con determinadas tradicións, épocas e zonas xeográficas.

Distribuídos pola xeografía galegaOs restaurantes recoñecidos hoxe distribúense por gran parte da xeografía galega. Son Arcadia, en Arcade; Paco Durán, en Baiona; O Balado, en Boqueixón; Ribadomar e Taberna do Trasno, en Cambados; Mar de Ardora, en Cánduas; El de Alberto, na Coruña; Muiño, en Esteiro; Muiño do Vento, en Fene; O Camiño Inglés, en Ferrol; Trasmallo, en A Guarda; Doade, en Hío; Casa Barqueiro e Santiago Bidea, en Negreira; Comei Bebei, en Negreira; Villa Verde, en Ponte Ulla; O Xantar de Otelo, en Redondela; o Galphón Abastos; A Horta d’Obradoiro, Mar de Esteiro e A Tafona en Santiago de Compostela e Casa Marco en Vigo.

A eles súmanse os 11 Estrella Michelín, os 25 nos que locen 37 Soles Repsol ou os máis de 50 restaurantes certificados en 2017 coa Q de Calidade Turística. Galicia conta, ademais, con máis de 300 festas gastronómicas, cinco delas de Interese Turístico Nacional. 

Dejar una respuesta

Please enter your comment!
Nombre