Inicio Galicia A guía de atención no proceso de morte e dó xestacional e...

A guía de atención no proceso de morte e dó xestacional e perinatal preséntase a persoal sanitario a vindeira semana

0

Será no transcurso das XIII Xornadas de saúde perinatal e reprodutiva que terán lugar en Santiago os días 25 de 26 de novembro


A Guía de atención no proceso de morte e dó xestacional e perinatal vaise presentar os días 25 e 26 deste mes no transcurso das XIII Xornadas de saúde perinatal e reprodutiva. Este encontro, destinado a profesionais sanitarios, permitirá que os asistentes coñezan a información recollida na guía, un documento de calado que pretende mellorar a asistencia nun momento difícil na vida das persoas e familias que sofren esta situación.

A guía, que incorpora as recomendacións do Consello Galego de Bioética, segue a liña marcada na Estratexia de Humanización da Asistencia Sanitaria da Consellería de Sanidade. Na súa elaboración participaron médicos de familia, pediatras de atención primaria e de hospitalaria, psiquiatras, psicólogos, médicos especialistas en xinecoloxía e obstetricia, pacientes e profesionais que viviron este tipo de situacións, ademais de técnicos do Sergas, matronas e persoal de enfermería.

O documento ten como obxectivo homoxeneizar a atención profesional nestes casos e proporcionar ferramentas útiles aos profesionais involucrados na atención no proceso de morte xestacional ou perinatal, orientando os coidados e facilitando a súa adaptación ás necesidades de cada muller e a súa parella e familia. Tamén proporcionará información para unha atención máis humanizada que favoreza un ambiente afectivo e empático para axudar á muller, parella e familia a aceptar a realidade e facilitar a elaboración do dó.

Outro dos obxectivos da guía é potenciar a autonomía da muller na toma de decisións, ofrecendo información veraz e de calidade acerca das opcións terapéuticas, xestións a realizar, ou documentación que cumprimentar. Ademais, vai facilitar a continuidade de coidados entre o persoal de atención primaria e hospitalaria e previr os trastornos derivados dos dós patolóxicos e crónicos e cando estes aparecen, darlles o soporte oportuno.

O documento publicarase no portal da Consellería de Sanidade e farase unha comunicación ás asociacións de pacientes, colexios profesionais, asociacións científicas e as xerencias das áreas sanitarias, para que informen a profesionais e poboación. 

Dejar una respuesta

Please enter your comment!
Nombre