Inicio Galicia A Galiña Azul de Lalín-Pontiñas contará cunha nova unidade de 1-2 anos

A Galiña Azul de Lalín-Pontiñas contará cunha nova unidade de 1-2 anos

0

O centro pasará das 61 prazas actuais a 74 no próximo curso

A conselleira de Política Social, Fabiola García, anunciou hoxe durante a visita á escola infantil do Lago Pontiñas de Lalín que a Xunta de Galicia ampliará a capacidade deste centro cunha nova unidade para nenas e nenos de 1 a 2 anos. Desta maneira, o vindeiro curso este equipamento terá 13 prazas máis.

Fabiola García explicou que coa nova aula este centro de Lalín, que na actualidade ten 61 prazas e 4 unidades, pasará a ter 74 prazas distribuídas en cinco unidades. Con esta mellora a lista de agarda queda practicamente eliminada neste concello e a ratio de atención sube tres puntos ata situarse no 36%, por riba da recomendado pola Unión Europea.

Ademais, a conselleira explicou que se realizarán pequenas actuacións para acondicionar o espazo onde estará emprazada a nova aula. A Xunta financiará as obras, que lle serán compensadas ao Concello na liquidación anual que emite o Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar, e dotará á escola do persoal necesario para atender a nova unidade. Pola súa parte, o concello será o encargado de realizar as melloras e aproveitará os meses de verán, especialmente agosto, sen actividade na escola, para levalas a cabo e garantir que a aula estea dispoñible no mes de setembro.

A conselleira agradeceu a colaboración e implicación do concello para achegar recursos de conciliación aos seus veciños. Neste sentido, recordou que o Goberno galego traballa para que Galicia sexa o mellor lugar para formar unha familia, por iso a comunidade conta con 25.000 prazas públicas de atención infantil.

Cómpre recordar que Lalín ten dúas escolas infantís públicas. Ademais do centro do Lago Pontiñas, as familias lalinenses contan cunha escola emprazada no Polígono Lalín 2000 e que está dotada con 74 prazas.

Dejar una respuesta

Please enter your comment!
Nombre