Inicio Galicia A gala do libro galego 2020 celebra a súa quinta edición en...

A gala do libro galego 2020 celebra a súa quinta edición en formato virtual co apoio da Xunta

0
image_gallery.jpg

O secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, participou hoxe na rolda de prensa na que se deron a coñecer todos os detalles da cerimonia que recoñece obra de quince autores e autoras editada o pasado ano


O secretario xeral de Política Lingüística da Xunta de Galicia, Valentín García, participou hoxe ao mediodía na presentación pública da Gala do Libro Galego 2020 que este ano celebra a súa quinta edición e que terá un formato virtual. Será conducida por Quico Cadaval e difundirase o vindeiro sábado 21 de novembro, ás 12,00 desde a canle de YouTube da Gala.

O titular de Política Lingüística sinalou que neste momento, “moi delicado para as creadoras e creadores, para a cultura en xeral, as administracións debemos coordinarnos e arroupar especialmente o proceso creativo, o sistema cultural e literario galego". E lembrou “o Plan de reactivación cultural fronte aos efectos da covid-19 aprobado pola Xunta de Galicia hai seis meses e dotado con máis de 26M€ ”.

Na rolda de prensa participaron tamén a concelleira de Acción Cultural do Concello de Santiago, Mercedes Rosón, e, por parte das entidades da organización, o vicepresidente da Asociación Galega de Editoras (AGE), Henrique Alvarellos; o vicepresidente da Federación de Librarías de Galicia (FLG), Xosé Antón Pedreira Mirás, e o presidente da Asociación de Escritoras en Lingua Galega, Cesáreo Sánchez.

Autores e obras do anoA Gala do Libro Galego tiña prevista a súa celebración o 9 de maio de 2020 e a organización do evento decidiu manter as deliberacións do xurado e dar a coñecer os libros gañadores ese mesmo día, así como adiar a celebración da Gala para o 21 de novembro.

O xurado da quinta edición estivo formado pola xornalista e poeta Ana Romaní, a profesora Anxos Rial, o escritor Antón Riveiro Coello, a poeta Estíbaliz Espinosa, o editor e profesor Manuel Bragado, a tradutora María Alonso Seisdedos e o crítico literario e escritor Ramón Nicolás. O xurado celebrou unha reunión telemática para debater sobre as propostas finalistas nas quince categorías, sinalando a calidade das obras e bo momento de creación literaria do libro galego. As gañadoras e gañadores, correspondentes a obra publicada durante o ano 2019, e premios honoríficos, poden consultarse no web da Asociación Galega de Editoras. 

Dejar una respuesta

Please enter your comment!
Nombre