Inicio Galicia A gala de clausura de ?Escolas Abertas? converte Ourense na capital da...

A gala de clausura de ?Escolas Abertas? converte Ourense na capital da cultura galega máis internacional

0

O secretario xeral da Emigración asistiu, acompañado pola delegada territorial da Xunta e o alcalde de Ourense, ao acto que pon fin a dúas semanas dun intenso programa lectivo

A zona monumental de Ourense converteuse esta tarde na capital da cultura galega máis internacional grazas á celebración da gala de clausura das Escolas Abertas 2018, un acto que cada ano pon en valor a importancia que a cultura galega segue a ter entre o máis de medio millón de galegos que residen fóra das nosas fronteiras. Setenta formadores de disciplinas relacionadas coa identidade galega, como son a gaita tradicional galega, o baile tradicional galego, a percusión tradicional galega, o canto popular e a pandeireta, e a confección de traxe tradicional galego “tomaron” a céntrica praza de San Martiño para exhibir parte dos coñecementos que adquiriron durante as últimas dúas semanas grazas o intenso programa lectivo desta proposta.

A iniciativa, promovida e organizada pola Secretaría Xeral da Emigración, pretende axudar aos docentes de entidades galegas do exterior actualizar tanto os seu coñecementos técnicos nestas materias como os relacionados coas metodoloxías máis axeitadas para a súa ensinanza. O titular do departamento, Antonio Rodríguez Miranda, presidiu a gala acompañado pola delegada territorial da Xunta en Ourense, Marisol Díaz Mouteira, e o alcalde, Xesús Vázquez Abad. Unha oportunidade de achegarse á realidade de GaliciaMiranda amosouse “orgulloso do traballo realizado tanto polos alumnos formadores como polos seus profesores durante estas dúas semanas, que grazas á súa ilusión, o seu coñecemento e as súas aportacións axudan a enriquecer, non só a cultura galega, senón a Galicia enteira”. O responsable autonómico invitou a todos os participantes neste programa do Goberno galego a “facer partícipes aos seus alumnos de todo o aprendido nestes días, tanto dentro como fóra das aulas, xa que Escolas Abertas non pretende só reforzar as súas técnicas nas diversas disciplinas, senón tamén ofrecer a todos aqueles que namoraron da cultura galega a oportunidade de achegarse a ela e gozala desde o seu interior”.

Leer más:  Sartorius pide "pasar a la ofensiva" ante la operación de "acoso" a "la democracia" y solicita que Sánchez "aguante"

Os setenta alumnos puxeron así fin á súa estadía na comunidade galega. O acto de entrega de diplomas que terá lugar mañá á mañá no Centro Residencial Docente de Ourense, que os acubillou estas dúas semanas, servirá de broche a esta nova edición de Escolas Abertas, que reuniu na capital ourensá formadores procedentes da Arxentina, Cuba, O Uruguai, Venezuela, O Brasil, Chile, España, os Estados Unidos de América, México e Suíza. 


- Te recomendamos -