Inicio Galicia A Fundación Galicia Europa convoca unha nova edición do seu programa de...

A Fundación Galicia Europa convoca unha nova edición do seu programa de especialización en financiamento comunitario TecEuropa

0

Esta oitava edición facilitará a participación de 20 técnicos de entidades galegas na Semana Europea das Rexións e das Cidades, que se celebrará entre os próximos 7 e 10 de outubro en Bruxelas.

A Fundación Galicia Europa abre hoxe a convocatoria para unha nova edición do programa TecEuropa, que proporciona formación especializada sobre as políticas europeas e os programas de financiamento aparellados a elas. O prazo para presentar solicitudes estará aberto ata próximo 18 de xullo.

Nas sete primeiras edicións participaron máis de 145 persoas, que constitúen unha rede de especialistas en desenvolvemento, xestión e financiamento de proxectos europeos asentados en Galicia.

Esta oitava edición do programa TecEuropa desenvolverase integramente en Bruxelas do 7 ao 11 de outubro e estará orientado a facilitar a participación dos seus beneficiarios na Semana Europea das Rexións e das Cidades. Este evento, que se celebra cada ano en Bruxelas, nace en 2003 da man do Comité Europeo das Rexións (CDR) e a Dirección Xeral de Política Rexional e Urbana da Comisión Europea (DXREGIO) coma unha xornada de portas abertas, que tiña coma obxectivo que o público especialmente interesado nas políticas rexionais e urbanas tivesen unha visión xeral do funcionamento destas institucións europeas.

A día de hoxe configúrase coma un evento de catro días clave en Europa. A el asisten uns 6.000 participantes e 600 relatores a máis de 150 sesión de traballo, exposicións e actos. Este acontecemento é especialmente relevante xa que os entes subestatais participan na aplicación da maioría das políticas europeas, xestionan un terzo do gasto público total e son responsable de dous terzos da inversión pública europea.

Nesta oitava edición de TecEuropa, que coma novidade abre a súas portas a novos e antigos beneficiarios, a Fundación Galicia Europa servirá de apoio e asesoramento para que os participantes obteñan o máximo beneficio da súa asistencia á Semana Europea das Rexións e das Cidades. Os interesados deberán ter en conta que a maioría dos actos serán en inglés polo que se recomenda un nivel elevado neste idioma para aproveitar a súa participación no evento.

As 20 prazas que ofrece a Fundación serán adxudicadas, como en todas as convocatorias anteriores, seguindo un réxime de concorrencia competitiva en función do interese da súa entidade e da experiencia e a formación do solicitante. Os solicitantes deben pertencer a algunha das entidades membro do padroado da Fundación (Xunta de Galicia, Axencia Galega de Innovación, Abanca, Consorcio Zona Franca de Vigo, Deputación Provincial de A Coruña e a Deputación de Lugo), a calquera entidade local galega (concellos e deputacións) ou a entidades sen ánimo de lucro con domicilio social en Galicia.

A Fundación Galicia EuropaA Fundación Galicia Europa (FGE) nace en 1988 coa misión de manter unha oficina galega en Bruxelas e promover o achegamento entre Galicia e Europa. Vinculada á Dirección Xeral de Relacións Exteriores e coa UE da Xunta de Galicia, conta con dúas oficinas, unha en Santiago de Compostela e outra en Bruxelas. En 2015 veu reafianzado o seu papel coa adopción do Decreto 178/2015 de acción exterior da Comunidade Autónoma de Galicia, no que se define a Fundación Galicia Europa como “unha entidade sen ánimo de lucro e ente instrumental do sector público autonómico galego […] que ten o mandato da Xunta de Galicia para exercer a representación autonómica galega ante as institucións e órganos da Unión Europea seguindo as directrices do Goberno autonómico e respectando os principios de unidade de acción exterior do Estado”.

O labor da FGE xira en torno a dous grandes obxectivos: unha mellor comunicación da actividade comunitaria en Galicia e a defensa das posicións galegas no contexto europeo. Para conseguilo, a Fundación traballa en catro ámbitos: a defensa dos intereses de Galicia ante a Unión Europea; a promoción da participación galega en proxectos europeos; a información sobre a Unión Europea en Galicia; e a formación e sensibilización sobre Europa en Galicia.

Dejar una respuesta

Please enter your comment!
Nombre