Inicio Galicia A Fundación Camilo José Cela participa mañá nunha actividade para difundir a...

A Fundación Camilo José Cela participa mañá nunha actividade para difundir a pegada do Premio Nobel na Costa da Morte

0

O hotel Bela Fisterra acolle unha conferencia a cargo de Iván Rodríguez, bibliotecario e experto da entidade, na que falará sobre estancia do escritor na comarca para escribir ‘Madera de Boj’

A Fundación Pública Camilo José Cela, que preside o conselleiro de Cultura e Turismo, Román Rodríguez, participa mañá nunha actividade para difundir a pegada do Premio Nobel Camilo José Cela na Costa da Morte. O acto celebrarase no hotel literario Bela Fisterra, que emprega a literatura como ambientación, ao que a entidade acaba de doar un lote de libros e unha edición especial de Madera de Boj.

Para conmemorar esta doazón, o bibliotecario e experto da Fundación CJC, Iván Rodríguez, ofrecerá unha conferencia titulada Camilo José Cela en Fisterra. Nace Madera de Boj. A súa intervención, na que falará da relación do escritor con Fisterra e coa Costa da Morte, xorde do artigo publicado polo propio Iván Rodríguez no Anuario de Estudos Celianos 2016/2017, editado pola Cátedra Camilo José Cela de Estudios Hispánicos en colaboración coa Consellería de Cultura e Turismo. Está previsto que ao acto de mañá tamén acudan personaxes da vila de Fisterra que viviron en primeira persoa experiencias co Nobel.

O Hotel Bela Fisterra, situado na praia da Langosteira, foi inaugurado en xuño de 2018 e ten 16 habitacións dedicadas ás grandes obras e autores da literatura universal do mar. Unha delas leva o nome de Boj en alusión ó libro que escribiu en Fisterra Camilo José Cela.

Dejar una respuesta

Please enter your comment!
Nombre