Inicio Galicia A final do torneo Parlamento Xove será os días 3 e 4...

A final do torneo Parlamento Xove será os días 3 e 4 de maio en Santiago e o tema de debate será sobre democracia directa e representativa

0

Tamén se desenvolverán as roldas clasificatoria e final na categoría de universidade, que se celebra por primeira vez e na que competirán oito equipos


A Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado deu a coñecer os equipos gañadores da fase clasificatoria da décima edición do programa Parlamento Xove nas categorías de Secundaria e Bachalerato. Un total de 16 conxuntos, 8 por categoría, enfrontaranse na fase final que se celebrará os días 3 e 4 de maio en Santiago de Compostela, na que debaterán sobre se “sería a democracia directa un mellor sistema que a democracia representativa?”Os equipos finalistas de Secundaria son: IES de Becerreá, Colexio Internacional Sek Atlántico (Poio), Colexio La Salle (Santiago de Compostela), dous equipos do CPR Maristas Inmaculada (Lugo), CPR Plurilingüe Sagrada Familia (Vilagarcía de Arousa), Colexio Eduardo Pondal (Cangas) e IES Muralla Romana (Lugo).

Pola súa banda, na categoría de Bacharelato, os finalistas son: IES de Becerreá, IES Lucus Augusti (Lugo), IES Río Cabe (Monforte de Lemos), dous equipos do Colexio La Salle (Santiago de Compostela), IES Castro Alobre (Vilagarcía de Arousa), Colexio Plurilingüe San José Fec (Lugo) e Colexio María Inmaculada Carmelitas (Vigo).

A dificultade da actividade está en que só cinco minutos antes de cada encontro dialéctico se procede ao sorteo da postura a adoptar por cada equipo, “a favor” ou “en contra”, en relación á cuestión formulada. Os equipos levaron a cabo un labor de investigación previa e agora contrapoñen e discuten datos e ideas.

UniversidadesAdemais, e por primeira vez, o torneo Parlamento Xove ábrese ao estudantado universitario. Serán 8 os equipos que se darán cita, tamén os días 3 e 4 en Santiago de Compostela, para disputar as fases clasificatoria e final do torneo.

En concreto, os conxuntos seleccionados para participar, por orde de inscrición, proceden: 3 do campus universitario de Santiago e un representante dos campus de Vigo, A Coruña, Lugo, Pontevedra e Ferrol. Cómpre indicar que a esta primeira edición do Parlamento Xove para persoas universitarias anotáronse 13 equipos.

Dejar una respuesta

Please enter your comment!
Nombre