Inicio Galicia A Feira do Libro de Ourense abre as súas portas como escaparate...

A Feira do Libro de Ourense abre as súas portas como escaparate da produción editorial

0

O secretario xeral de Cultura inaugurou a 34 edición do evento e animou o público a participar no amplo abano de actividades relacionadas co libro e a lectura que se desenvolven durante catro días na cidade

Ourense, 30 de maio de 2018.- A Feira do Libro de Ourense, que vai pola súa trixésima cuarta edición, abriu hoxe as súas portas ao público, que ata o sábado poderá visitar a ducia de stands dispostos na rúa do Paseo, así como participar no amplo abano de actividades para todos os públicos organizadas con motivo deste evento, como presentacións de novidades literarias, foros de debate, recitais poéticos, talleres e contacontos, entre outros. Así mesmo, durante os catro días que permanecerá aberta a feira poderá visitarse unha exposición de historia da literatura fantástica, mentres que a presentación do XVIII Premio Vicente Risco de Creación Literaria lle porá o punto final o sábado pola noite a esta cita co libro e coa cultura.

O secretario xeral de Cultura, Anxo Lorenzo, que participou esta tarde na inauguración da feira, aproveitou para animar os ourensáns a achegarse a este escaparate da produción editorial, unha cita xa consolidada que contribúe a fomentar o hábito lector, ao tempo que axuda a dinamizar un sector fundamental para a cultura. O acto de inauguración tamén contou coa delegada territorial da Xunta en Ourense, Marisol Díaz Mouteira; co presidente da Agrupación de Libreiros de Ourense, José Manuel García; co vicepresidente da Deputación, Rosendo Fernández, e coa concelleira de Cultura do Concello de Ourense, Belén Iglesias. A apertura da feira completouse co pregón a cargo de José Benito Reza e a interpretación da Real Banda de Gaitas de Deputación de Ourense.

Leer más:  El TSXG confirma la absolución del exalcalde de Baiona Carlos Gómez tras ser acusado de retirarse multas de aparcamiento

Calendario de feirasAs Feiras do Libro de Galicia celébranse nos meses da primavera e do verán, con postos de venda de exemplares xestionados polos libreiros, o que, xunto coa programación de actividades paralelas, fai destes eventos unha cita de alto interese cultural.

A Feira do Libro de Ourense é a quinta parada do calendario de feiras deste ano, tras pasar por Verín, Ferrol, Santiago e O Porriño. Logo de Ourense, a vindeira cita será o concello de Redondela, do 7 ao 10 de xuño.

Xa no inicio do verán, as Feiras do Libro de Galicia percorrerán os municipios de Ribeira, do 21 ao 24 de xuño; de Vigo, do 28 de xuño ao 7 de xullo; de Sanxenxo, entre o 10 e o 15 de xullo; de Rianxo, do 19 ao 22 de xullo, e de Ponteareas, do 22 ao 29 de xullo. Pecharán a edición de 2018, no mes de agosto, na Coruña, desde o 1 ata o día 10; en Viveiro, do día 11 ao 15; en Foz, entre o 16 e o 19; e, finalmente, en Monforte de Lemos, do día 22 ao 25.  

Leer más:  Los trabajadores de Navantia Ferrol detienen la producción durante cuatro horas

- Te recomendamos -