Inicio Galicia A Fegapi premia á Xunta co mellor patrocinio pola ?Campaña non? contra...

A Fegapi premia á Xunta co mellor patrocinio pola ?Campaña non? contra a Violencia de Xénero que sensibiliza a toda poboación contra esta lacra a través do deporte

0

O secretario xeral para o Deporte destaca o “orgullo que sinte Galicia ao ver como as mulleres sosteñen os remos do noso deporte”

O secretario xeral para o Deporte, José Ramón Lete Lasa, e a secretaria xeral da Igualdade participaron no serán de hoxe na Gala do Piragüismo Galego celebrada no edificio administrativo da Xunta en Pontevedra. Na gala, o mandatario galego destacou o premio outorgado pola Federación Galega de Piragüismo á Secretaría Xeral da Igualdade ao mellor patrocinio pola campaña de prevención e sensibilización contra a violencia de xénero, unha actuación que “permite concienciar a moitos nenos e nenas da importancia de loitar en contra desta lacra e a favor da igualdade”. “Este é o mensaxe máis importante que quere transmitir a Xunta; ano tras ano traballamos para que os nosos pequenos incorporen á súa vida hábitos saudables pero esas rutinas non servirán de nada senón incorporan tamén hábitos solidarios e de xustiza”.

Neste sentido, Lete Lasa destacou algunhas das deportistas premiadas na gala de hoxe como a Tania Álvarez e Tania Fernández -subcampioas de Europa e do mundo de maratón-, Ainhoa Lameiro -subcampioa d mundo de slalom-, Carla Frieiro -bronce no Campionato do do Mundo Júnior e sub 23- e Teresa Portela, “guía e a luz do piragüismo galego que en Toquio 2020 acudirá aos seus sextos Xogos Olímpicos, unha fazaña nunca antes lograda por unha muller española”. “Teresa ensinounos a ser deportista de elite, a ser nai e a ser muller de referencia”, dixo. “O orgullo que sinte Galicia ao ver como sosteñen os remos do noso deporte tan só é comparable coa súa calidade como deportistas e como persoas”, enfatizou.

Pola súa banda, a secretaria xeral da Igualdade agradeceu o premio e mostrou a súa satisfacción polo éxito desta primeira campaña xa que os e as deportistas son “ídolos e exemplos a seguir para a mocidade” polo que resaltou “o potencial educativo do deporte para inculcar valores como a tolerancia e a igualdade”. Neste sentido, avogou pola “implicación das institucións e tamén do mundo do deporte para colaborar na educación na igualdade entre mulleres e homes e na loita contra a violencia machista”.

Máis de cen premiosRespecto ao excelente estado de saúde do piragüismo galego, reflectido nos máis de cen premios outorgados na gala, o secretario xeral destacou, a piques de entrar nun novo ano olímpico, aos 17 padexeiros e padexeiras “que acadaron a gloria olímpica de representar a Galicia nuns Xogos”, e as dez medallas conseguidas.

Falamos, dixo, da federación deportiva galega con maior número de deportistas galegos de alto nivel (80), con maior número de deportistas de alto nivel (69) e co maior número de deportistas no CGTD (49) que fan que Galicia sexa a comunidade autónoma con maior número de licenzas (4.326) e con maior número de clubs con actividade (62). Por iso, para o vindeiro 2020, a Federación Galega de Piragüismo acadará o maior financiamento autonómico da súa historia xusto cando o Consello da Xunta vén de autorizar a sinatura dos convenios para o desenvolvemento da súa actividade e para o mantemento de Verducido que xuntos suman 439.195 euros.

Dejar una respuesta

Please enter your comment!
Nombre