Inicio Galicia A extensión da Rede Galega de Atención Temperá multiplicouse por seis na...

A extensión da Rede Galega de Atención Temperá multiplicouse por seis na última década

0

Na actualidade atende a 92 concellos polos 15 que cubría en 2009

A Xunta de Galicia destaca que a extensión da Rede Galega de Atención Temperá multiplicouse por seis na última década para dar cobertura na actualidade a 92 concellos. Así o recordou o director xeral de Maiores e Persoas con Discapacidade, Ildefonso de la Campa, durante a súa participación na xornada O futuro da atención temperá. A visión dos profesionais que organizou a Asociación Galega de Atención Temperá na Cidade da Cultura.

Ildefonso de la Campa salientou que a atención temperá facilítalles ás cativas e cativos ferramentas para gañar autonomía xa desde a infancia para que gocen dunha maior calidade de vida cando sexan maiores. Ademais, sinalou que ao actuar antes hai máis opcións de evitar que os trastornos no desenvolvemento perduren no tempo e sexa máis difícil corrixilos.

A Xunta de Galicia segue a apostar por este modelo baseado na prevención, a identificación e o tratamento precoz para dar respostas ás necesidades específicas que poidan presentar os menores de 0 a 6 anos.

Dejar una respuesta

Please enter your comment!
Nombre