Inicio Galicia A exposición ?Proxecto Libertas? amplía a súa estadía no Museo Camilo José...

A exposición ?Proxecto Libertas? amplía a súa estadía no Museo Camilo José Cela ata o 31 de marzo

0

A Fundación Pública Camilo José Cela, o Centro PEN Galicia, o IMER e máis o Concello de Padrón deciden ampliar esta mostra de Olegario Sampedro pola boa recepción da mesma

Dado o éxito de público e crítica que está a acadar e o interese que esperta na comunidade educativa galega, o Museo Camilo José Cela prolonga un mes a estadía da mostra “Proxecto Libertas”, de Olegario Sampedro. No contexto da súa extensión temporal ampliaranse tamén os obradoiros educativos e ofreceranse novas actividades relacionadas coa temática abordada.

Trátase dunha exposición promovida pola Fundación Pública Camilo José Cela en colaboración co Centro PEN Galicia, o Instituto de Mediación Educativa de Ribeira (IMER), o Concello de Padrón e o IES Macías o Namorado que pretende, a través da expresión artística, reivindicar os valores democráticos. Neste sentido, Olegario Sampedro, Presidente do IMER e autor das pezas, apunta que estes valores “son un imperativo ético que se constrúe”, e de “que a paz se conquista”, lembrando que nos tempos de hoxe se debe traballar no recoñecemento da liberdade de opinión e expresión recollido no Artigo 19 da Declaración Universal dos Dereitos Humanos.

As pezas de Olegario Sampedro, en homenaxe a escritores e periodistas como Susana Chaves, Federico García Lorca, Orhan Pamuk, Xosé Luis Méndez Ferrín, Mae Azango ou Liu Xiaobo, atópanse integradas no percorrido do Museo dedicado ao premio Nobel padronés. Para coñecer máis de preto cada unha destas obras, o visitante poderá participar mañá venres 1 de marzo, ás 17:00 horas, na última visita guiada á mostra, da man do propio Olegario Sampedro.

Dejar una respuesta

Please enter your comment!
Nombre