Inicio Galicia A estrea mundial da ?Sinfonietta Rococó? do mestre Rogelio Groba pecha a...

A estrea mundial da ?Sinfonietta Rococó? do mestre Rogelio Groba pecha a sexta edición do festival que leva o seu nome

0

A Orquestra de Cámara Galega, baixo a batuta de Rogelio Groba Otero e con Sandro D’onofrio ao piano ofrecerá un repertorio que inclúe tamén pezas de Mozart e Herzchell

A estrea mundial da Sinfonietta Rococó en Re de Rogelio Groba porá o ramo á sexta edición do festival do mesmo nome mañá, venres, en Ponteareas. Un espectáculo que acolle o auditorio municipal da vila e que, como o resto dos concertos do programa, será de balde. A Orquestra de Cámara Galega (OSG), baixo a batuta de Rogelio Groba Otero e con Sandro D’onofrio ao piano, ofrecerá un repertorio que inclúe tamén pezas de Mozart e Herzchell.

O Festival Groba, organizado pola Orquestra de Cámara Galega e co apoio da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria naceu para poñer en valor a figura dun dos compositores máis prolíficos e comprometidos co patrimonio musical galego, Rogelio Groba Groba que segue a nutrir o festival coas súas composicións. Esta iniciativa contribúe a diversificar a oferta cultural do verán en Galicia, así como a garantir unha oferta cultural de calidade, ademais de ser un referente pola súa aposta pola educación de novos valores musicais.

Leer más:  Rueda considera positivos los avances ferroviarios, pero insiste en la necesidad de más información y frecuencias

A programación desta edición, que deu comezo o pasado día 18, tivo como principal novidade a incorporación de dous sons, o do vento-metal e o da voz coral. O primeiro contou como máximo representante co grande instrumentista Pacho Flores, artista de Deutsche Grammophon, considerado como unha verdadeira referencia mundial no eido da trompeta, e a Hércules Brass. O quinteto galego foi o encargado de interpretar a obra Distorsións ubedianas, do mestre Groba, dedicada á creación do pintor pontevedrés Rafael Úbeda.

O segundo son, a voz coral, chegou co Coro de Cámara de Pamplona, un dos máis importantes do panorama europeo, convidado de excepción no festival e encargado doutra das estreas do festival, Rosalía na catedral, unha das últimas obras compostas polo mestre Groba. Ademais das obras de Rogelio Groba, formaron parte do repertorio dos concertos de cada noite compositores como J. Neruda, C. Saint-Saëns, G. Faure, E. Granados, Mendelsson, J. Turina, ou Beethoven, entre outros.

As clases maxistrais desta edición, Trompeta por unha banda e Violín, Viola, Cello, Piano e Música de Cámara pola outra correron a cargo dos músicos convidados do festival.

Leer más:  Amazon inaugurará una estación logística adicional en Cambre (A Coruña)

Formación e difusión musicalCo fin de favorecer a formación musical e a difusión dos novos talentos, a Consellería vén colaborando con diversas propostas que se desenvolven en varios puntos da comunidade galega. Así, canda o Festival Groba, colaborou con outras iniciativas levadas a cabo este verán, como o Encontro Galego de Saxofón, o Festival Peregrinos Musicais ou o Festival Hércules Brass, entre outros. 


- Te recomendamos -