Inicio Galicia A Estratexia da cultura galega 2021 centra os almorzos no parador do...

A Estratexia da cultura galega 2021 centra os almorzos no parador do club de prensa de Ferrol

0


O secretario xeral de Cultura, Anxo Lorenzo, debullou hoxe polo miúdo os ámbitos de actuación, obxectivos e fases da Estratexia da Cultura Galega 2021, no marco do ciclo os Almorzos no Parador, un encontro con medios de comunicación e representantes sociais e empresariais da comarca, organizado polo Club de Prensa de Ferrol. Anxo Lorenzo explicou que se trata dunha reflexión compartida por toda a sociedade, aberta e transparente, que “vai permitir ter unha visión e un plan de traballo para a cultura galega do presente e o futuro”. “Estamos a falar”, engadiu o responsable autonómico, “dun proceso compartido e participativo, ademais de ser o primeiro documento destas características que elabora un goberno da Xunta”. A Estratexia da Cultura Galega 2021 contribuirá a afrontar os novos retos da sociedade actual en materia de cultura, como a influencia das TIC, o financiamento, a colaboración público-privada, o fortalecemento das industrias culturais e a salvagarda, difusión e posta en valor do patrimonio cultural, entre outros. 

Leer más:  El BNG denuncia que Altri puede ser "el tiro de gracia" para una Ría de Arousa "en continua caída productiva"

- Te recomendamos -