Inicio Galicia A Escola Oficial de Idiomas de Viveiro pecha o curso cun acto...

A Escola Oficial de Idiomas de Viveiro pecha o curso cun acto en homenaxe a Luz Pozo Garza, que dende este mes da nome ao centro

0

O delegado territorial, José Manuel Balseiro, gabou “o intelecto e sensibilidade” desta escritora “mariñá polos catro costados”


A Escola Oficial de Idiomas de Viveiro, que depende da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, celebrou hoxe o acto de peche de curso coa participación da escritora que dende este mesmo mes da nome ao centro, Luz Pozo Garza.

O delegado territorial da Xunta en Lugo, José Manuel Balseiro, participou nesta cita de homenaxe á escritora, á que cualificou como “unha das persoas con mellor intelecto e maior sensibilidade da nosa terra” que ademais presume de ser “mariñá polos catro costados”.

O Diario Oficial de Galicia (DOG) publicou o pasado día 8 de maio a resolución da consellería pola que se autoriza o cambio de denominación do centro, que pasa a chamarse Escola Oficial de Idiomas de Viveiro Luz Pozo Garza.

Xunto co director, Francisco José Pérez, e outros membros da escola, Balseiro subliñou que foi unha elección “de toda a comunidade escolar” que, con esta decisión “consumou un acto de xustiza para con ela, para coas nosas escritoras e, por extensión, con todas as mulleres que contribúen a facer máis grande a nosa cultura e o noso país”.

Leer más:  Los artistas que encabezan el cartel del Surfin the Lérez 2024 son The Rapants, Grande Amore, Niños Mutantes, Joe Crepúsculo y Ortiga

O delegado destacou a talla intelectual da escritora, que tamén é mestra, profesora de instituto e catedrática, “un exemplo -afirmou- para todos os alumnos e alumnas que pisen estas aulas”.


- Te recomendamos -