Inicio Galicia A escola infantil da Delegación territorial da Xunta en Pontevedra remata a...

A escola infantil da Delegación territorial da Xunta en Pontevedra remata a ?quincena das profesións? cunha visita á Policía Autonómica

0

Os axentes explicaron aos pequenos o seu traballo e ensináronlle o material co que traballan


Os alumnos de 2 a 3 anos da Escola Infantil da Delegación Territorial da Xunta en Pontevedra concluíron hoxe a “quincena das profesións”, coas que o centro da a coñecer os diferentes traballos que realizan os seus pais e nais, visitando a comisaría da Policía Autonómica.

Na actividade de hoxe, os 15 nenos de 3º de Infantil desta escola achegáronse ata as instalacións da Policía Autonómica onde, tras unha pequena charla dos axentes, puideron coñecer o material e as ferramentas de traballo destes profesionais.

Os máis pequenos familiarizáronse así co uniforme de policía, os vehículos adaptados, as sinais de control ou os conos de sinalización. Posteriormente subíronse aos vehículos e prenderon as sirenas.

Tal e como explicaron os responsables da Escola Infantil, este mes levouse a cabo esta iniciativa que permite coñecer, durante 15 días, os traballos dos diferentes pais e nais dos alumnos do centro. Así, os pequenos recibiron a visita e a charla dunha arqueóloga, dun futbolista, dun avó dentista e de dous enxeñeiros. De feito, involúcrase ás familias para amosar aos nenos cales son as súas responsabilidades laborais durante o tempo que os rapaces pasan no centro. As actividades continuarán no próximo mes de xuño cunha saída ata o río Gafos para explorar e coñecer o medio ambiente. 

Dejar una respuesta

Please enter your comment!
Nombre