Inicio Galicia A escena galega preséntase na Feira Mercartes de Valladolid cunha delegación da...

A escena galega preséntase na Feira Mercartes de Valladolid cunha delegación da Agadic e seis empresas

0

‘GaliciaÉscena’ é o lema do stand da Xunta no principal mercado do sector a nivel estatal, que reúne ata mañá 124 entidades expositoras e arredor de mil profesionais das artes escénicas


Unha delegación empresarial e institucional galega está promover as nosas artes escénicas na sétima edición da feira Mercartes, que se celebra ata mañá en Valladolid. GaliciaÉscena é o lema do stand, promovido pola Xunta a través da Axencia Galega das Industrias Culturais (Agadic), que centraliza a actividade de difusión dos espectáculos galegos neste encontro, considerado o principal mercado a nivel estatal para o intercambio comercial neste sector.

O director da Agadic, Jacobo Sutil, desprazouse ata Valladolid como parte desta delegación, que integran así mesmo os representantes de seis empresas produtoras e distribuidoras (A Panadaría, Contraproducións, Culturactiva, Eme2 Producións, Lucecús Teatro e Pistacatro Produtora de Soños), así como da asociación empresarial Escena Galega.

O devandito stand reforza a súa participación neste encontro, servíndolles de epicentro para a difusión das súas últimas producións e para a celebración de xuntanzas con representantes de circuítos, escenarios e mostras de toda España na procura de ampliar a distribución exterior dos espectáculos de teatro, danza e novo circo feitos en Galicia.

Leer más:  'Contra vento e marea' es una oda a la superación creada por Rebeliom do Inframundo y Fillas de Cassandra

A Federación Estatal de Asociaciones de Empresas de Teatro y Danza (Faeteda) e La Red de Teatros, Auditorios, Circuitos y Festivales de Titularidad Pública (La Red) organizan esta cita bienal, cuxo obxectivo prioritario é promover acordos comerciais entre os distintos axentes públicos e privados que interveñen nos procesos de produción, distribución e exhibición das artes escénicas.

Na súa sétima edición, a área de mercado da feira experimentou un notable crecemento ata chegar aos 124 expositores, que están a ser visitados polos arredor de 1000 profesionais de toda España inscritos este ano. 


- Te recomendamos -