Inicio Galicia A empresa pontevedresa Krack Zapaterías resulta seleccionada no marco do proxecto europeo...

A empresa pontevedresa Krack Zapaterías resulta seleccionada no marco do proxecto europeo C-Voucher no que participa a Xunta

0

A compañía foi seleccionada entre 90 propostas chegadas de 26 países

Krack Zapaterías foi unha das empresas seleccionadas –durante o evento Prototypathon, celebrado esta semana en París– para formar parte do proxecto europeo C-Voucher, no que participa a Xunta a través da Axencia Galega de Innovación (Gain), dependente da Consellería de Economía, Emprego e Industria. A través desta iniciativa, búscase incorporar solucións de economía circular para transformar a cadea de valor liñal nunha cadea circular.

Tras ser elixidos entre 90 propostas chegadas de 26 países, os seis proxectos seleccionados –entre os que se encontra a empresa pontevedresa Krack Zapaterías– obterán un financiamento de ata 60.000 euros a través dun bono para a implementación da tecnoloxía elixida para incorporar solucións de circularidade durante un programa de aceleración de nove meses de duración. O programa tamén incluirá soporte personalizado a través dun experto na adopción de solucións circulares, titoría empresarial de primeiro nivel e asistencia para atopar novas oportunidades de financiamento.

Krack Zapaterías é unha empresa pontevedresa dedicada desde 1990 á comercialización de calzado, tanto multimarca como produto propio. A empresa ten como un dos seus obxectivos a medio prazo acadar a neutralidade no seu impacto ambiental e con este fin deseñaron un proxecto circular que foi un dos elixidos para participar no evento de París. Krack participa en varios programas da Consellería de Economía, Emprego e Industria, como Comercio360, no que combina a tenda física coa presenza en liña para ofrecer un produto de calidade e diferenciado; no programa de apoio á dixitalización Industria 4.0 do Igape, e está a desenvolver un plan de innovación coa axuda de Gain.

Sobre o proxecto C-VoucherA Xunta de Galicia participa no proxecto europeo C-Voucher financiado no marco do programa H2020 a través da Axencia Galega de Innovación (Gain). Trátase dunha iniciativa pioneira a nivel europeo en adoptar a economía circular para transformar cadeas de valor liñais en modelos circulares sostibles. A economía circular trata de buscar solucións que permitan a redución ou reutilización de residuos resultantes do procesado, fabricación e/ou distribución de calquera tipo de produtos. O proxecto distribuirá 4,2 millóns de euros a pemes a través de catro convocatorias.  

Dejar una respuesta

Please enter your comment!
Nombre