Inicio Galicia A EGAP promove a investigación sobre o sector público dentro da comunidade...

A EGAP promove a investigación sobre o sector público dentro da comunidade autónoma de Galicia coa XXIII edición do Premio Manuel Colmeiro

0

O Premio Manuel Colmeiro ten como obxectivo fomentar e distinguir traballos de estudo e investigación sobre as administracións territoriais, institucionais e instrumentais do sector público de Galicia

A Xunta convocou unha nova edición do Premio Manuel Colmeiro co fin de fomentar e distinguir traballos de estudo e investigación sobre as administracións territoriais, institucionais e instrumentais do sector público de Galicia. Os traballos poderán versar sobre a súa organización, estrutura, funcións ou ámbitos competenciais.

Con este premio dotado con 3.500 euros, a Xunta –a través da Escola Galega de Administración Pública-, persegue o fomento do esforzo investigador, así como a realización de estudos sobre a Administración da nosa comunidade. A convocatoria está aberta a persoas individuais ou grupos de traballo de calquera nacionalidade dos Estados membros da Unión Europea que poderán presentar investigacións desde calquera perspectiva, xa sexa histórica, xurídica, administrativa, política, sociolóxica ou económica.

Os traballos deberán ser orixinais, inéditos e non premiados con anterioridade, considerando inéditos aqueles traballos que non fosen obxecto de divulgación ou publicación nos termos da lexislación de propiedade intelectual. En consecuencia, non se considerarán como inéditos aqueles que fosen publicados, divulgados ou postos a disposición do público por medios telemáticos, xa sexa internet ou outras redes.

O prazo de presentación das solicitudes e dos traballos rematará o 15 de outubro de 2020 e ambos os dous presentaranse obrigatoriamente por medios electrónicos na sede electrónica da Xunta de Galicia.

Dejar una respuesta

Please enter your comment!
Nombre