Inicio Galicia A EGAP levou a cabo 660 actividades formativas entre xaneiro e xullo...

A EGAP levou a cabo 660 actividades formativas entre xaneiro e xullo deste ano

0

No marco da reunión do Consello Reitor da Escola deuse conta das actividades levadas a cabo no que vai de ano e avanzouse sobre a formación prevista para o segundo semestre


Esta mañá reuniuse o Consello Reitor da Escola Galega de Administración Pública, presidido polo vicepresidente da Xunta, Alfonso Rueda. Durante a reunión presentouse un informe sobre as actividades levadas a cabo por este organismo entre os meses de xaneiro e xullo e deuse conta sobre as que se celebrarán ata o final do ano.

Nestes primeiros meses de 2018 a Escola organizou un total de 660 actividades formativas que sumaron case 32.000 prazas destinadas tanto aos empregados públicos das diferentes administracións galegas como á sociedade en xeral. Dentro delas, 358 edicións formativas foron destinadas exclusivamente ao persoal da Administración autonómica e da Administracións institucional e entes instrumentais e outras 30 ao persoal da Administración de xustiza.

Na presentación do informe a directora da EGAP tamén destacou as 8800 prazas do programa de autoformación- que por vez primeira inclúe a descentralización das probas de avaliación, que terán lugar nas sete cidades galegas-, os 42 cursos e 1620 prazas en materia de idiomas e as 38 edicións e 1900 prazas do Plan formativo ofimático de Galicia.

Sonia Rodríguez-Campos tamén quixo resaltar a formación ofrecida ao persoal da Administración local que se realiza a través de dúas vías: directamente pola Escola ou a través de subvencións. De xeito directo a EGAP convocou no que vai de 2018 un total de 31 cursos e 1320 prazas destinadas a este colectivo. No relativo ás subvencións, van permitir poñer en marcha un total de nove plans formativos deseñados especificamente polas entidades locais para o seu persoal.

A continuación, Sonia Rodríguez-Campos anunciou aos membros do consello as novidades editoriais da Escola -dando conta dos últimos números publicados da Regap e de Administración&Cidadanía- e da recente convocatoria da XXI edición do Premio Manuel Colmeiro, co fin de fomentar e distinguir traballos de estudo e investigación sobre as administracións territoriais, institucionais e instrumentais do sector público de Galicia.

As xornadas e os cursos monográficos da EGAPDurante a presentación do informe a directora tamén destacou a convocatoria regular de xornadas e cursos monográficos relativos a temas de relevancia para a Administración pública e abertos a toda a cidadanía. De entre estas actividades destacou o Curso superior sobre a nova lexislación administrativa básica: teoría e práctica –que recibiu preto de 500 solicitudes de matrícula-, a xornada sobre Auditoría do sector público ou o Curso monográfico de contratos do sector público na Administración local.

Finalmente, anticipou aos membros do Consello Reitor as actividades que se levarán a cabo dentro desta categoría formativa nos próximos meses, resaltando o Curso superior sobre administración electrónica, a Xornada xustiza e dereito en igualdade ou o Curso monográfico sobre xestión, planificación e ordenación do turismo no territorio dende as administracións públicas.  

Dejar una respuesta

Please enter your comment!
Nombre