Inicio Galicia A EGAP impulsa a formación en administración electrónica e protección de datos...

A EGAP impulsa a formación en administración electrónica e protección de datos para adaptarse ao novo marco normativo

0

A directora da Escola Galega de Administración Pública (EGAP), Sonia Rodríguez-Campos, precisou que o Plan formativo para este ano prevé 875 prazas para estes dous ámbitos

A directora da Escola Galega de Administración Pública (EGAP), Sonia Rodríguez-Campos, sinalou hoxe nunha resposta parlamentaria que a Administración autonómica está a impulsar a formación en administración electrónica e en protección de datos dos empregados públicos co fin de adaptarse ás últimas novidades normativas.

Ao respecto, lembrou que a nova lexislación administrativa comporta a implantación efectiva da administración electrónica, o que fai ineludible un reforzo da formación continua e a reciclaxe profesional dos empregados públicos neste eido. A isto súmase que o próximo 25 de maio entrará en vigor o novo Regulamento europeo relativo á protección de datos, o que tamén converte en imprescindible divulgar as novidades desta normativa.

Ante esta situación, a EGAP decidiu incluír accións formativas relacionadas con ambos eidos no seu programa de formación continua. Así, para este ano prevense un total de 16 edicións formativas con 875 prazas en materia de administración electrónica e protección de datos.

Leer más:  PPdeG considera que el pacto BNG-Bildu-ERC demuestra que están "desconectados de la Galicia mayoritaria"

Ademais, e co fin de reforzar estas medidas, a EGAP, a Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega) e a Vicepresidencia da Xunta veñen de asinar o pasado marzo un convenio de colaboración para implantar máis actividades de formación e divulgación en ambas materias. En concreto, no marco deste convenio están previstos un cursos superior de administración electrónica; 24 edicións de formación continua relativa á administración electrónica e protección de datos; e 30 accións formativas para acompañar a implantación de sistemas de tramitación electrónica e outros proxectos de e-administración e protección de datos.

Todas estas actuacións teñen como obxectivo contribuír a unha implantación máis eficaz e consolidada da Administración electrónica, ao tempo que se garante a máxima protección de datos neste proceso de transformación dixital. 


- Te recomendamos -