Inicio Galicia A EGAP e a Universidade de Salamanca asinan un convenio de colaboración

A EGAP e a Universidade de Salamanca asinan un convenio de colaboración

0

A directora da Escola Galega de Administración Pública e o reitor da Universidade de Salamanca asinaron un documento que lles permitirá realizar actividades formativas, de divulgación e de investigación conxuntas


A directora da Escola Galega de Administración Pública (EGAP), Sonia Rodríguez-Campos, e o reitor da Universidade de Salamanca, Ricardo Rivero, asinaron en Salamanca un convenio de colaboración para o desenvolvemento conxunto de actividades de carácter formativo, divulgador e investigador.

Entre as actividades froito deste acordo atópanse a realización conxunta de cursos, xornadas, seminarios e outras actividades de divulgación; a edición conxunta de libros, outras publicacións e documentos de traballo; ou a promoción da actividade investigadora de ambas as institucións mediante proxectos conxuntos. Este tipo de accións permítenlle á Escola xerar sinerxías con outras entidades para un mellor cumprimento dos seus fins, en beneficio da cidadanía e da sociedade galega.

Para o bo desenvolvemento das actividades que xurdan da sinatura deste convenio establecerase unha Comisión de mixta de seguimento, de composición paritaria, integrada por representantes de cada unha das institucións á que corresponderá a concreción, o seguimento, a interpretación e a avaliación das accións desenvolvidas. 

Dejar una respuesta

Please enter your comment!
Nombre