Inicio Galicia A EGAP acolle un simposio sobre a aprendizaxe-servizo na universidade centrado no...

A EGAP acolle un simposio sobre a aprendizaxe-servizo na universidade centrado no capital social do estudantado

0

A segunda edición deste encontro internacional trae a Galicia aos principais expertos nesta metodoloxía


A Escola Galega de Administración Pública (EGAP) acolleu hoxe o II Simposio Internacional de aprendizaxe-servizo na universidade, centrado no coidado da aprendizaxe e do capital social do estudantado, ao que asistiron máis de 120 persoas. Esta nova edición, que trae a Galicia aos principais expertos nesta metodoloxía, ten como finalidade promover a aprendizaxe-servizo como vía efectiva de innovación educativa na educación superior.

Na súa inauguración participaron Sonia Rodríguez-Campos, directora da EGAP; o vicerreitor da Universidade de Santiago de Compostela, Roberto Javier López López; o director da Axencia para a Calidade do Sistema Universitario de Galicia (ACSUG), Eduardo López Pereira; a decana da Facultade de Ciencias da Educación da USC, Carmen Fernández Morante; e o profesor Miguel A. Santos Rego, coordinador da Rede e Presidente do Comité Organizador.

Durante o acto, a directora da EGAP sinalou que a organización de actividades centradas na aprendizaxe-servizo son fundamentais para promover esta metodoloxía e mobilizar aos actores necesarios para xerar novas experiencias neste eido. Ademais, engadiu que a través da creación de proxectos nos que os participantes se formen á vez que aprenden valores cívicos non só conseguiremos mellorar as nosas universidades e a formación do alumnado, senón que tamén lograremos unha sociedade máis xusta.

Leer más:  Estabilizado un incendio forestal en Guitiriz (Lugo) que afecta a nueve hectáreas

- Te recomendamos -