Inicio Galicia A e-consulta entre Atención Primaria e Especializada evita xa máis de 150.000...

A e-consulta entre Atención Primaria e Especializada evita xa máis de 150.000 desprazamentos de pacientes ao ano

0

O 16% das primeiras citas coas especialidades hospitalarias puideron ser resoltas sen presenza física do doente


O 16% das primeiras consultas de enfermidade coas especialidades hospitalarias puideron ser resoltas no Servizo Galego de Saúde sen necesitar do desprazamento do paciente ao centro hospitalario correspondente grazas á aplicación da e-consulta entre os profesionais de Atención Primaria e Especializada. O procedemento, só posible polo traballo compartido de ambos niveis asistenciais sobre o soporte común do programa de historia clínica electrónica Ianus, evita máis de 150.000 desprazamentos ao ano aos usuarios da sanidade pública galega, mellorando a accesibilidade do sistema sanitario.

O Ianus comezou a funcionar no ano 2004 e desde entón a dixitalización dos sistemas de información do Sergas ten permitido melloras continuas no eido da teleasistencia, da mobilidade, do empoderamento dos usuarios ou da orientación de procesos. A dixitalización da organización sanitaria fai posible por exemplo a xestión de 272 citas de Atención Primaria ao minuto ou a dispensación de 603 receitas no mesmo lapso temporal. Cada minuto rexístranse tamén 434 accesos á historia clínica electrónica dos pacientes (preto de 46 millóns ao ano) e a información clínica dos usuarios amplíase de xeito continuado cunha media de 436 novas anotacións/minuto. O uso das posibilidades das comunicacións tamén ten permitido a resolución dun 11% das consultas de Atención Primaria por vía telefónica, o que de novo se traduce en máis de 2,7 millóns de citas resoltas sen desprazamentos para os usuarios.

De xeito singular, a aplicación das tecnoloxía da información e da comunicación ten posibilitado un maior acceso dos pacientes aos seus datos de saúde. En setembro de 2016 o Sergas puxo en marcha a plataforma É-Saúde e na actualidade son xa más de cen mil os usuarios dados de alta. No que vai de ano, a ferramenta rexistrou 842.247 accesos e 41.853 descargas de imaxe.É-Saúde posibilita aos usuarios rexistrados consultar e xestionar as súas citas ou revisar a súa folla de tratamentos e informes de alta ou de probas diagnóstica. Tamén pon a disposición dos cidadáns fichas informativas creadas e/ou revisadas por profesionais do Sergas, e posibilita acceder aos vídeos da canle de youtube da plataforma, consultar servizos e compartir dúbidas coas comunidades conformadas por persoal médico e de enfermería e asociacións de pacientes. É-Saúde conta tamén cun sistema de mensaxería que na actualidade supón un volume de 30.000 SMS ao día entre recordatorios de citas e comunicación de resultados de saúde, correspondentes aos programas de cribado.

Dejar una respuesta

Please enter your comment!
Nombre