Inicio Galicia A Dirección Xeral de Patrimonio Cultural informa favorablemente o proxecto para remodelar...

A Dirección Xeral de Patrimonio Cultural informa favorablemente o proxecto para remodelar a contorna da estación de Vigo

0

O Goberno galego emitiu hoxe o informe sobre a intervención que afecta a antiga estación de tren, incluído no Plan Especial como edificio significativo

A Dirección Xeral de Patrimonio Cultural remitiu hoxe ao Concello de Vigo informe favorable sobre o proxecto de remodelación da contorna da rúa Baixada á Estación despois de analizar a proposta presentada polo ente municipal na que se contempla a reconstrución e posta en valor da antiga estación de ferrocarril, así como o acondicionamento e urbanización da praza que da acceso á nova terminal de viaxeiros.

Así, o departamento de Patrimonio do Goberno galego dá luz verde a esta actuación que forma parte do Proxecto Integrador da Intermodal de Vigo ao considerar axeitada a proposta para conservar a antiga estación de tren, un inmoble incluído no Plan Especial e o Catálogo Complementario de Edificios, Conxuntos e Elementos a Conservar (PEEC) como edificio significativo.

Trátase dunha urbanización que, segundo sinalan os técnicos desde a Dirección Xeral de Patrimonio Cultural, soluciona os problemas de grandes fluxos de viaxeiros que este espazo debe acoller empregando deseños e materiais compatibles cos criterios de protección do patrimonio facendo posible que a consolidación da fachada funcione como elemento identificativo da memoria histórica do lugar.

Orixe no ano 1878A praza da Estación e a rúa Baixada á Estación teñen a súa orixe na construción da primeira estación de ferrocarril de Vigo, no ano 1878. O edificio orixinal foi ampliado en 1923, construíndose unha segunda planta que servira para cubrir o espazo de chegada dos trens, e quedou en desuso en 1990. Sete anos despois o Concello decidiu situar no inmoble o novo Conservatorio Profesional de Música que funcionou ata o ano 2000.

Dejar una respuesta

Please enter your comment!
Nombre