Inicio Galicia A demanda nos establecementos extrahoteleiros galegos cae en setembro 24 puntos menos...

A demanda nos establecementos extrahoteleiros galegos cae en setembro 24 puntos menos que a media nacional

0

Galicia segue mellorando as súas cifras de estadía media, sete puntos por riba respecto ao 2019

No mes de setembro os establecementos extrahoteleiros galegos, que agrupan aos apartamentos turísticos, cámpings, albergues e turismo rural, caeron un 33,5% na súa demanda, 24 puntos menos que media nacional para este tipo de aloxamentos (58,4%) segundo os datos publicados hoxe polo Instituto Nacional de Estatística (INE).

Así, mentres que a caída dos hoteis foi do 60% no mes de setembro, este tipo de aloxamentos caeu nun 33,5%, o que dá conta de que esta tipoloxía de aloxamento segue a ter un mellor comportamento na demanda nestes últimos meses. A pesares diso o peso maioritario da demanda turística segue estando no segmento hoteleiro, que acumulou en setembro o 74% da demanda mentres que os extrahoteleiros acumularon o 26% restante.

Os cámpings foron os que marcaron un comportamento menos negativo no mes de setembro, cunha caída do 26%, seguido dos apartamentos turísticos (-32%) e do turismo rural (-50%). Todos eles melloraron a estadía media neste mes, que se situou nas 3,35 noites, o que supuxo un 24% máis respecto ao número de noites de estadía media en 2019 No conxunto da oferta regrada galega, increméntase tamén o tempo que os viaxeiros pasan no noso territorio, cunha media de 2,2 noites, sete puntos máis que no mes de setembro pasado.

Acumulado do anoSegundo os datos achegados polo INE, no terceiro trimestre do ano Galicia recibiu máis de 1,1 millóns de viaxeiros que realizaron case 3 millóns de pernoitas mentres que as cifras do acumulado sinalan que nestes primeiros nove meses do ano chegaron a Galicia un total de 1.722.955 viaxeiros que realizaron algo máis de 4 millóns de pernoitas, cifras que manteñen un mellor comportamento que a media nacional.

Neste período de xaneiro a setembro o turismo nacional representou o 89% do total da demanda, unha porcentaxe que que supera en 13 puntos a cifra do ano pasado, cun descenso máis acusado do turismo internacional, que caeu un 80%. 

Dejar una respuesta

Please enter your comment!
Nombre