Inicio Galicia A delegada territorial en Vigo, Marta Fernández-Tapias, reúnese coa xunta directiva da...

A delegada territorial en Vigo, Marta Fernández-Tapias, reúnese coa xunta directiva da Asociación de Construtores de Pontevedra

0
image_gallery.jpg


A delegada territorial da Xunta en Vigo, Marta Fernández-Tapias, reuniuse hoxe no seu despacho coa xunta directiva da Asociación de Construtores de Pontevedra.

Un encontro enmarcado na rolda de contactos cos principais axentes sociais e económicos da área territorial iniciada pola nova representante autonómica tras tomar posesión do cargo como delegada.

Fernández-Tapias, quen destacou a boa sintonía cos distintos colectivos cos que ata hoxe tivo a oportunidade encontrarse, informou que comparte as súas preocupacións, derivadas principalmente dos efectos da covid-19.

Na reunión, á que asistiron por parte da devandita asociación o seu presidente, Víctor del Canto, o vicepresidente segundo, Arturo Ramírez, e o xerente, Javier Carballeda, puideron avaliar a situación actual do sector e falar de posibles novas vías de colaboración. A este respecto, a delegada referendou o compromiso do Executivo autonómico con este colectivo e a aposta irrenunciable pola formación e a innovación.

Neste senso, Fernández-Tapias recordou o recente anuncio do presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, de que se está a traballar nun proxecto de Lei de reactivación económica co obxectivo de converter Galicia nun lugar atractivo para investir.

Dejar una respuesta

Please enter your comment!
Nombre