Inicio Galicia A delegada territorial en Vigo, Marta Fernández-Tapias, mantén unha reunión de traballo...

A delegada territorial en Vigo, Marta Fernández-Tapias, mantén unha reunión de traballo co director xeral da GNP-AECT

0
image_gallery.jpg


A delegada territorial da Xunta en Vigo, Marta Fernández-Tapias, visitou hoxe a Agrupación Europea de Cooperación Territorial Galicia-Norte de Portugal (GNP-AECT).

Un encontro de traballo que responde ás necesidades de coordinación deste organismo coa Delegación Territorial tras o nomeamento de Fernández-Tapias como nova responsable autonómica na área de Vigo.

Na reunión mantida co seu director Xosé Lago, ambos tiveron a oportunidade de abordar o estado actual dos programas que o axente dinamizador e de interconexión para a Eurorrexión ten en marcha a día de hoxe.

Programas en áreas como o emprendemento, a educación -a través do Programa IACOBUS-, a cultura e patrimonio, o turismo, a innovación e o ambiente sostible, a saúde e o benestar, a agricultura, o deporte e a cidadanía, entre outras.

Dejar una respuesta

Please enter your comment!
Nombre