Inicio Galicia A delegada territorial e o secretario xeral técnico de Sanidade asisten á...

A delegada territorial e o secretario xeral técnico de Sanidade asisten á toma de posesión da nova xefa territorial desta Consellería

0

Laura López del Castillo ata o momento era xefa de servizo da área de coordinación da área cultural


A delegada territorial da Xunta en Ourense, Marisol Díaz Mouteira, e o secretario xeral técnico da Consellería de Sanidade, Alberto Fuentes Losada, asistiron esta mañá á toma de posesión da nova xefa territorial, Laura López del Castillo .

O nomeamento de Laura López como xefa territorial de Sanidade na provincia de Ourense acordouse a pasada semana por resolución da Dirección Xeral da Función Pública.

Nada en Oviedo en 1978, López del Castillo é licenciada en Dereito pola Universidade de Oviedo. Desde 2009 é funcionaria de carreira do Corpo de Xestión da Administración da Xunta de Galicia. Na actualidade desempeñaba o posto de xefa de servizo de coordinación da área cultural na xefatura territorial da antes denominada Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria de Ourense.

Substitúe na xefatura territorial de Sanidade a María Villar que ocupaba este cargo desde 2009 e que cesou a petición propia o pasado mes de agosto.

Leer más:  El BNG denuncia que Altri puede ser "el tiro de gracia" para una Ría de Arousa "en continua caída productiva"

- Te recomendamos -