Inicio Galicia A delegada territorial da Xunta en Vigo recibe ao presidente da Asociación...

A delegada territorial da Xunta en Vigo recibe ao presidente da Asociación de Familiares de Enfermos de Alzheimer de Galicia

0
image_gallery.jpg


A delegada territorial da Xunta en Vigo, Marta Fernández-Tapias, recibiu hoxe no seu despacho de Concepción Arenal ao presidente da Asociación de Familiares de Enfermos de Alzheimer e outras demencias de Galicia (Afaga), Juan Carlos Rodríguez.

A representante autonómica na área territorial tivo a oportunidade de analizar as necesidades e inquietudes que lle manifestou este colectivo ao tempo no que se comprometeu a darlles traslado á Consellería competente, co obxectivo de avanzar nelas.

Esta reunión enmarcase na rolda de contactos iniciada por Marta Fernández-Tapias con colectivos sociais e axentes económicos tras tomar posesión como a nova delegada do Executivo autonómico na cidade.

Dejar una respuesta

Please enter your comment!
Nombre