Inicio Galicia A delegada territorial da Xunta en Vigo recibe a unha representación de...

A delegada territorial da Xunta en Vigo recibe a unha representación de profesores do centro educativo sueco Komvux

0


A delegada da Xunta en Vigo, Corina Porro, acompañada polo presidente da Federación Provincial de Empresarios de Hostalaría de Pontevedra, César Ballesteros, recibiu hoxe a unha representación de profesores do centro educativo Komvux da localidade sueca de Hässleholm.

Este centro, que ofrece programas de hostalería e restauración, así como educación para adultos e especial, busca acadar sinerxías cos centros vigueses en proxectos Erasmus, tanto de mobilidade coma de asociacións estratéxicas orientadas ao campo da Formación profesional. Unha iniciativa da que deron conta á representante autonómica co obxectivo de abrir vías de colaboración, que Corina Porro comprometeuse a estudar.

Dejar una respuesta

Please enter your comment!
Nombre