Inicio Galicia A delegada territorial da Xunta en Vigo, Marta Fernández-Tapias, recibe á directiva...

A delegada territorial da Xunta en Vigo, Marta Fernández-Tapias, recibe á directiva da Coral Casablanca

0
image_gallery.jpg

A representante autonómica puxo en valor a colaboración permanente coa Coral Casablanca e referiuse ao recente evento solidario da entidade no Museo do Mar


A delegada territorial da Xunta en Vigo, Marta Fernández-Tapias, recibiu no seu despacho ao presidente e vicepresidente da Coral Casablanca, Ignacio Pérez Amoedo e José Carlos Jiménez.

Un encontro enmarcado na rolda de contactos cos principais axentes culturais, sociais e económicos da área territorial iniciada pola nova representante autonómica tras tomar posesión do cargo como delegada.

Fernández-Tapias, quen destacou a boa sintonía cos distintos colectivos cos que ata hoxe tivo a oportunidade encontrarse, informou que comparte as súas preocupacións e inquedanzas, derivadas principalmente dos efectos da Covid-19.

A delegada puxo en valor a colaboración permanente coa Coral Casablanca e referiuse ao recente evento solidario organizado pola entidade co apoio da Consellería de Política Social no Museo do Mar de Galicia.

A Fundación Coral Casablanca realiza ao longo do ano varias actividades musicais destinadas á promoción da música galega e tamén para apoiar aos maiores que teñen algunha doenza neurodexenerativa.

A entidade viguesa puxo en marcha en 2018 o coro Gepetto, formado por persoas maiores de 65 anos, e o ano pasado creou o coro Los sonidos de la memoria, no que participan pacientes de alzhéimer. Neste senso, agradeceu á entidade o seu interese por mellorar a calidade de vida dos nosos maiores a través da música como unha ferramenta máis para estimular a memoria.

Xa por último, Fernández-Tapias lamentou que a crise sanitaria que estamos a padecer impida que a fundación viguesa manteña os seus ensaios, esperando que os poidan retomar canto antes e que, coma cada ano, “podamos gozar co seu tradicional concerto de Nadal”.

Dejar una respuesta

Please enter your comment!
Nombre