Inicio Galicia A delegada territorial da Xunta en Vigo, Marta Fernández-Tapias, realiza unha visita...

A delegada territorial da Xunta en Vigo, Marta Fernández-Tapias, realiza unha visita institucional ao concello pontevedrés de Mos

0
image_gallery.jpg

A nova representante autonómica analizou coa alcaldesa desta localidade, Nidia Arévalo, os temas relacionados coa Administración galega


A delegada da Xunta en Vigo, Marta Fernández-Tapias, mantivo hoxe unha reunión de traballo coa alcaldesa de Mos, Nidia Arévalo, e parte do seu equipo de goberno, no marco das visitas institucionais que está a realizar tras tomar posesión como nova representante do Goberno autonómico na cidade.

No encontro, Fernández-Tapias tivo a oportunidade de analizar temas relacionados coa Administración galega e que son prioritarios para o concello mosense en materia de educación, saneamento, humanizacións ou sanidade, entre outros. Así, durante a xuntanza as representantes autonómica e local fixeron repaso dos grandes proxectos e necesidades desta localidade que dependen da Xunta de Galicia.

Unha mañá de intenso traballo que levou a delegada a desprazarse ás dependencias da Asociación de Veciños de Cela, unha das asociacións veciñais con subvención concedida pola Consellería de Presidencia, Xustiza e Turismo, a través do plan específico de acción comunitaria.

Neste senso, a delegada destacou o labor desinteresado das diferentes directivas dos devanditos colectivos, que co seu traballo diario enriquecen o valor cultural dos concellos, palabras que foron reafirmadas pola alcaldesa, quen engadiu o “orgullosa” que está do esforzo destes colectivos e agrupacións que traballan por manter vivas as diferentes tradicións culturais e actividades.

Fernández-Tapias rematou a sua visita no viveiro industrial de Aemos, no Polígono Industrial de Veigadaña e executado en colaboración co Goberno galego, onde a xunta directiva e alcaldesa a puxeron ao corrente dos proxectos empresariais máis relevantes.  

Dejar una respuesta

Please enter your comment!
Nombre