Inicio Galicia A delegada territorial da Xunta en Vigo, Marta Fernández-Tapias, realiza unha visita...

A delegada territorial da Xunta en Vigo, Marta Fernández-Tapias, realiza unha visita institucional ao concello de Pazos de Borbén

0
image_gallery.jpg

A nova representante autonómica analizou co alcalde desta localidade, Andrés Iglesias Rodríguez, os temas relacionados coa administración galega


A delegada da Xunta en Vigo, Marta Fernández-Tapias, mantivo hoxe un encontro co alcalde de Pazos de Borbén no marco da rolda de visitas institucionais que está a facer tras o seu recente nomeamento.

A nova representante autonómica tivo así a oportunidade de repasar co alcalde, Andrés Iglesias Rodríguez, e a tenente de alcalde desta localidade, Eloisa Nogueira, os temas relacionados coa Administración galega.

Ao igual que fixo nas anteriores citas coa alcaldesa de Salvaterra e o seu homónimo en Fornelos de Montes, a representante autonómica tendeulle a man como interlocutora co executivo de Alberto Núñez Feijóo no marco desta política e xestión de proximidade.  

Dejar una respuesta

Please enter your comment!
Nombre