Inicio Galicia A delegada territorial da Xunta en Vigo, Marta Fernández-Tapias, anima aos profesionais...

A delegada territorial da Xunta en Vigo, Marta Fernández-Tapias, anima aos profesionais e a cidadanía a vacinarse da gripe

0
image_gallery.jpg


A delegada territorial da Xunta en Vigo, Marta Fernández-Tapias, acudiu este mediodía a vacinarse da gripe no marco da campaña de vacinación que está a levar a cabo a Consellería de Sanidade para protexerse contra esta enfermidade.

A nova representante autonómica na área territorial puxo en valor a importancia de vacinarse no contexto actual de pandemia polo COVID xa que, segundo dixo, ambas infeccións poden coincidir. Así, animou aos profesionais e a cidadanía en xeral a facelo, especialmente no caso das persoas en risco.

Galicia ten este ano un total de 865.830 doses dispoñibles para esta campaña, 200.830 doses máis que na campaña do 2019, e suficientes para conseguir e incluso incrementar estas altas coberturas propostas como obxectivo.

Dejar una respuesta

Please enter your comment!
Nombre