Inicio Galicia A delegada territorial da Xunta en Vigo aborda coa alcaldesa de Salvaterra...

A delegada territorial da Xunta en Vigo aborda coa alcaldesa de Salvaterra os proxectos pendentes e en execución neste concello

0
image_gallery.jpg

O estado no que se atopan as obras da Plataforma Loxística Salvaterra-As Neves, estratéxica para o sur de Galicia, centrou a meirande parte da conversación


A delegada da Xunta en Vigo, Marta Fernández-Tapias, iniciou hoxe en Salvaterra os contactos cos alcaldes da área metropolitana á que representa. Cómpre lembrar que nunha das súas primeiras accións, nada máis tomar posesión como responsable territorial, solicitou un encontro cos representantes locais para tratar os distintos asuntos que afectan aos seus concellos.

Xunto á alcaldesa, Marta Valcárcel, abordaron o estado no que se atopan as obras da Plataforma Loxística Salvaterra-As Neves, un proxecto estratéxico para o sur de Galicia, tal e como coincidiron en sinalar, con máis de 350.000 metros cadrados de superficie dispoñible e unha inversión por parte das entidades promotoras (Xunta, Autoridade Portuaria e Zona Franca) superior aos 231 millóns de euros. Do total, 97 millóns investíronse en obras xa finalizadas e 20,6 están en execución nas obras da ETAP, da EDAR e na urbanización da zona LEE da primeira fase.

A ampliación dos talleres do IES de Salvaterra, obra na que a Xunta está a investir unha cantidade superior aos 580.000 euros; a nova biblioteca municipal situada na antiga Casa Consistorial cun custe de 342.000 euros, dos que o Goberno galego achega o 70% e o 30% restante o Concello; as obras de ampliación da escola infantil a Galiña Azul de Salvaterra de Miño por un importe de algo máis de 200.000 euros (ampliará o número de prazas a 82 e seis unidades); ou a rehabilitación de la Casa do Pobo cunha inversión de 300.000 euros que albergará a futura Casa da Música, foron outros dos asuntos que repasaron.

Asemade, a alcaldesa recordou que existe un acordo entre a Administración autonómica e local para a construción da depuradora do río Mendo, en Oleiros, e o saneamento desta parroquia, cun orzamento que ascende a 2,3 millóns de euros.

Dejar una respuesta

Please enter your comment!
Nombre