Inicio Galicia A delegada territorial da Xunta en Pontevedra, María Luisa Piñeiro, realiza unha...

A delegada territorial da Xunta en Pontevedra, María Luisa Piñeiro, realiza unha visita institucional a Vilaboa

0
image_gallery.jpg

A nova representante territorial analizou co alcalde desta localidade, César Poza, as demandas deste municipio relativas especialmente a turismo, portos e industria


A delegada territorial da Xunta en Pontevedra, María Luisa Piñeiro Arco, continúa coa rolda de visitas institucionais, e hoxe mantivo un encontro co alcalde de Vilaboa, César Poza, co que analizou as principais preocupacións do municipio en relación á actividade da administración autonómica.

Poza trasladou a Luisa Piñeiro a súa preocupación pola situación económica actual, e destacou a necesidade da potenciación do valor turístico deste concello, en especial, potenciando os seus recursos medioambientais e culturais, como son As Salinas, o Camiño Xacobeo, as igrexas de San Martiño e de Paredes, así como os roteiros dos muíños ou a ensinada de San Simón.

Neste senso, tamén demandou o rexedor á nova delegada territorial a importancia de potenciar o Lago Castiñeiras, desenvolvendo rutas como as das mámoas ou o propio miradoiro deste lugar. Temas como a posta en marcha dun obradoiro de emprego no concello ou a potenciación do entroido de Cobres, foron outros dos temas que se analizaron hoxe.

Finalmente, ambos responsables políticos tamén analizaron a necesidade de ampliar o porto de San Adrián, pola demanda de amarres que realizan os máis de 50 barcos bateeiros deste peirao. O alcalde explicoulle a Luisa Piñeiro que o proxecto xa fora presentado fai algún tempo ante Portos de Galicia.

Dejar una respuesta

Please enter your comment!
Nombre