Inicio Galicia A delegada territorial da Xunta en Pontevedra, María Luisa Piñeiro, realiza unha...

A delegada territorial da Xunta en Pontevedra, María Luisa Piñeiro, realiza unha visita institucional a Tui

0
image_gallery.jpg

A nova representante territorial analizou co alcalde desta localidade, Enrique Cabaleiro así como aos representantes da corporación, as demandas deste municipio relativas especialmente a infraestruturas viarias e educativas


A delegada territorial da Xunta en Pontevedra, María Luisa Piñeiro Arco, continúa coa rolda de visitas institucionais, e hoxe mantivo un encontro co alcalde de Tui, Enrique Cabaleiro, así como cos diferentes representantes da corporación municipal, cos que analizou as principais preocupacións do municipio en relación á actividade da administración autonómica. O rexedor agradeceu a visita da nova delegada territorial e insistiu en valorar moi positivamente o feito de que se trate dunha persoa que procede do mundo municipal, en especial, dunha muller que foi alcaldesa.

Enrique Cabaleiro trasladou a Luisa Piñeiro a súa satisfacción polas grandes obras executadas no seu municipio pola Xunta de Galicia, apostando por continuar na mesma liña de colaboración e diálogo.

Entre os principais temas que se trataron durante o encontro, atopáronse cuestións como a preocupación económica do municipio pola situación da Covid-19, en especial en relación á fronteira, así como a importante baixada no número de peregrinos que sufriu este ano o concello pola situación da pandemia. A construción dun novo CEIP en Pazo de Reis foi outro dos temas postos sobre a mesa. Neste senso, dende o concello trasladáronlle a Luisa Piñeiro que se está á espera da posta en disposición do municipio dos terreos sobre os que se vai a instalar o novo centro e que pertencen a unha entidade menor que ten que rematar de regularizar a situación catastral dos mesmos. María Luisa Piñeiro tamén recolleu a demanda do concello de continuar a traballar en diferentes temas relativos a infraestruturas viarias, como é o acceso ao polígono de Areas ou o futuro inicio das obras da nova rotonda na estrada que une este concello con Tomiño e Tebra.  

Dejar una respuesta

Please enter your comment!
Nombre