Inicio Galicia A delegada territorial da Xunta en Pontevedra, María Luisa Piñeiro, realiza unha...

A delegada territorial da Xunta en Pontevedra, María Luisa Piñeiro, realiza unha visita institucional á Illa de Arousa

0
image_gallery.jpg

A nova representante territorial analizou co alcalde desta localidade, Carlos Iglesias, as demandas deste municipio relativas especialmente a infraestruturas viarias e a melloras en zonas portuarias


A delegada territorial da Xunta en Pontevedra, María Luisa Piñeiro Arco, continúa coa rolda de visitas institucionais iniciadas a pasada semana, e hoxe mantivo un encontro co alcalde da Illa de Arousa, Carlos Iglesias, con quen analizou as principais preocupacións do municipio en relación á actividade da administración autonómica.

Entre os principais temas que se analizaron durante o encontro, atopáronse necesidades relativas a Portos de Galicia, en especial, a posta en marcha dunha estación marítima para acoller ao turismo de pasaxeiros, así como unha Mariña Tradicional que serva de punto de amarre e museo flotante para as embarcacións tradicionais que existen no concello, entre outras, catro galeóns.

María Luisa Piñeiro tamén recolleu a demanda do concello de rematar certas cuestións puntuais que quedaron sen concluír no vial que vai dende O Vao ata o Xufre, en especial, o carril bici, xa que o concello quere aproveitar e dar continuidade as sendas que a Consellería de Infraestruturas está a executar no concello de Vilanova de Arousa e que se prolongan a través da ponte da Illa.

O rexedor agradeceu a visita da nova delegada e destacou do seu perfil o feito de que veña de estar ao fronte dun concello, o que facilitará, na súa opinión, o diálogo e a cooperación, xa que conta coa suficiente experiencia para coñecer as problemáticas dos municipios.

Dejar una respuesta

Please enter your comment!
Nombre