Inicio Galicia A delegada territorial da Xunta en Pontevedra, Luisa Piñeiro, realiza unha visita...

A delegada territorial da Xunta en Pontevedra, Luisa Piñeiro, realiza unha visita institucional a Poio

0
image_gallery.jpg

A nova representante territorial analizou co alcalde desta localidade, Luciano Sobral, as necesidades e demandas deste concello en relación á administración autonómica centradas en varios tramos da PO-308, así como en temas relacionadas con saneamento, educación e saúde


A delegada territorial da Xunta en Pontevedra, Luisa Piñeiro, continúa coa rolda de visitas institucionais, e hoxe mantivo un encontro co alcalde de Poio, Luciano Sobral, con quen analizou as principais demandas do municipio en relación a administración autonómica.

Entre os principais temas que se analizaron durante o encontro, atopáronse a necesidade de dar continuidade a mellora da PO-308 en varios tramos como a humanización do tramo entre A Barca e Porteliña, así como a execución dun proxecto de senda peonil entre as Bardancas e Chancelas.

Por outra banda, o rexedor insistiu na demanda de construción dun novo centro de saúde neste concello, así como que se execute canto antes a licitación e execución das obras recollidas no convenio asinado con Portos de Galicia para a humanización dos portos de Raxó e Covelo.

Cuestións coma a execución dun novo pavillón de deporte neste municipio, dotar de saneamento aos lugares de Vilariño e Fragamoreira e a solicitude de que Augas de Galicia colabore xunto a Aquaes e os concellos de Poio e Sanxenxo na execución da nova Edar que dará servizo a ambos municipios, foron outros dos temas analizados durante este encontro, no que o alcalde de Poio trasladou a nova delegada os seus parabéns polo nomeamento e destacou a figura municipalista de Luisa Piñeiro.

Dejar una respuesta

Please enter your comment!
Nombre