Inicio Galicia A delegada territorial da Xunta en Pontevedra, Luisa Piñeiro, realiza unha visita...

A delegada territorial da Xunta en Pontevedra, Luisa Piñeiro, realiza unha visita institucional a Cuntis

0
image_gallery.jpg

A nova representante territorial analizou co alcalde desta localidade, Manuel Campos, as necesidades e demandas deste concello en relación á administración autonómica centradas na necesidade dun novo vehículo para a policía local, melloras no saneamento e na limpeza do río Gallo


A delegada territorial da Xunta en Pontevedra, Luisa Piñeiro, continúa coa rolda de visitas institucionais, e hoxe mantivo un encontro co alcalde de Cuntis, Manuel Campos, con quen analizou as principais demandas do municipio en relación a administración autonómica.

Entre os principais temas que se analizaron durante o encontro, atópanse a limpeza do río Gallo, onde o concello solicita de Augas de Galicia a retirada de árbores caídos no leito. Ademais, o alcalde tamén transmitiu á delegada a necesidade de mellorar o abastecemento e construción dun depósito de cabeceira na ETAP de Sebil, xa que nestes intres a rede de abastecemento está a compartila co concello de Moraña.

Por outra banda, o rexedor insistiu na necesidade dunha axuda que permita ao concello adquirir un novo vehículos para a policía local dada a antigüidade do mesmo.

Finalmente, cuestións como a mellora de beirarrúas na rúa do Convento, na PO-220, ao longo duns 350 metros, foron outras das cuestións postas hoxe sobre a mesa durante este encontro, no que o alcalde de Cuntis trasladou a nova delegada os seus parabéns polo nomeamento e destacou a figura municipalista de Luisa Piñeiro.

Dejar una respuesta

Please enter your comment!
Nombre