Inicio Galicia A delegada territorial da Xunta en Ourense xunto co alcalde da cidade...

A delegada territorial da Xunta en Ourense xunto co alcalde da cidade visitan o autobús promocional da 12ª edición do ?Outono gastronómico en turismo rural?

0

Esta campaña, que combina a gastronomía e a estancia nas casas rurais galegas a prezos moi competitivos, pretende dinamizar o turismo no eido rural, desenvolvendo a oferta complementaria e favorecendo a desestacionalización


A delegada territorial da Xunta en Ourense, Marisol Díaz Mouteira, xunto co alcalde da cidade, Jesús Vázquez, visitaron hoxe o autobús promocional do ‘Outono Gastronómico en Turismo Rural’ que está a percorrer as sete cidades galegas. Díaz Mouteira destacou que o éxito obtido nas edicións anteriores consolida este programa como unha oferta ben contrastada e demandada polo público e polas casas rurais de Galicia de xeito tal que este ano 2018 porase en marcha a 12º edición do outono gastronómico.

O ‘Outono Gastronómico en Turismo Rural’ é unha campaña creada por Turismo de Galicia en colaboración coa rede de establecementos de Turismo Rural de Galicia, que combina a gastronomía e a estancia nas casas rurais galegas a prezos moi competitivos. Está deseñada para dinamizar o turismo no eido rural, desenvolvendo a oferta complementaria e favorecendo a desestacionalización. Este ano participan un total de 86 establecementos de turismo rural en toda Galicia, sendo 19 os pertencentes á provincia de Ourense, con ofertas que van dende os 30 ata os 300 euros.

Leer más:  El hombre arrestado por el feminicidio en Ribeira (A Coruña) ha sido dado de alta y comparecerá ante el juez este martes

A delegada territorial recordou que como en todas as edicións, tamén este ano se porán a disposición do público guías informativas -nos idiomas galego e castelán-. Estas poderán atoparse nos propios establecementos de turismo rural participantes, nas oficinas de Turismo, nos campos de golf e noutros espazos públicos de Galicia. Ademais, tamén se distribuirán cartaces e dípticos para a divulgación do evento.

Como novidade incluíuse este autobús promocional no que tamén se sortearán 10 Fins de Semana Outono Gastronómico para dúas persoas. Para iso, quen estea interesado deberá facerse unha foto co bus do 12º Outono Gastronómico e subila ao Facebook de Turismo de Galicia. Este autobús, rotulado coa imaxe da campaña, permanecerá o día de hoxe martes dende as 12:00 ata as 16:00 horas na Praza Maior, polo que a representante do goberno galego animou a toda a cidadanía a visitalo e aproveitar para participar no sorteo.

Na web www.turismo.gal está dispoñible un banner específico sobre a campaña que dirixe á web oficial do ’12º Outono Gastronómico en Turismo Rural’ (http://www.outonogastronomico2018.com), na que os usuarios poden atopar todos os establecementos participantes xunto cos menús exclusivos de cada un.  

Leer más:  El mantenimiento de edificios e instalaciones municipales será contratado por el Ayuntamiento de Santiago por más de 1,4 millones de euros

- Te recomendamos -