Inicio Galicia A delegada territorial da Xunta en Ourense súmase aos actos conmemorativos do...

A delegada territorial da Xunta en Ourense súmase aos actos conmemorativos do Día da Subdelegación de Defensa

0


A delegada territorial da Xunta en Ourense, Marisol Díaz Mouteira, asistiu hoxe aos actos do Día da Subdelegación de Defensa que estiveron presididos polo representante das Forzas Armadas na zona norte e xefe da Forza Loxística Operativa, Francisco Javier Sánchez Fernández; o delegado de Defensa en Galicia, Antonio Bernal Martín; e polo subdelegado en Ourense, Gustavo Doncel Paredes.

No acto, que se desenvolveu na sede que este organismo ten na cidade, ademais da entrega de condecoracións ao persoal militar da Subdelegación se procedeu á entrega do premio provincial do sexto concurso literario Carta a un militar español á alumna de 4º da ESO Sandra Salgado Cid, do colexio Padre Feijóo-Zorelle da cidade, para rematar cunha homenaxe aos caídos ourensáns en misións no extranxeiro.

Dejar una respuesta

Please enter your comment!
Nombre