Inicio Galicia A delegada territorial da Xunta en Ourense participa na inauguración oficial do...

A delegada territorial da Xunta en Ourense participa na inauguración oficial do curso académico da UNED

0

A delegada territorial da Xunta en Ourense, Marisol Díaz Mouteira, participou no acto de inauguración oficial do curso académico do centro asociado da UNED na cidade das Burgas, que se desenvolveu no centro cultural Marcos Valcárcel.

Díaz Mouteira subliñou que a formación universitaria é unha ferramenta para acceder mellor ao emprego, destacou a aposta do Goberno galego polo Universidade e animou ao alumnado a aproveitar a formación que as ensinanzas deste centro ofrece para acadar os seus obxectivos.

Dejar una respuesta

Please enter your comment!
Nombre