Inicio Galicia A delegada territorial da Xunta en Ourense mantén un encontro institucional co...

A delegada territorial da Xunta en Ourense mantén un encontro institucional co novo xefe da comandancia da Garda Civil na provincia

0


A delegada territorial da Xunta en Ourense, Marisol Díaz Mouteira, recibiu esta mañá no seu despacho ao novo xefe da Comandancia da Garda Civil na provincia ourensá, o tenente coronel Rafael López Pinel. A representante do Goberno galego mantivo así o seu primeiro encontro institucional con López Pinel desde que tomou posesión en Ourense, a mediados deste mes, procedente da Comandancia de Teruel onde exercía de segundo xefe como comandante.

O novo responsable da Garda Civil expúxolle a Díaz Mouteira os seus obxectivos ao fronte do instituto armado de Ourense centrados en manter baixas as estatísticas de criminalidade e mellorar a seguridade cidadá.

Dejar una respuesta

Please enter your comment!
Nombre