Inicio Galicia A delegada territorial da Xunta en Ourense asistiu á XII Xuntanza de...

A delegada territorial da Xunta en Ourense asistiu á XII Xuntanza de Maiores de Cualedro

0

A delegada territorial da Xunta en Ourense, Marisol Díaz Mouteira, participou na Xuntanza de Maiores que dende hai doce anos organiza o concello ourensán de Cualedro. O colexio Vicente Risco acolleu esta celebración que quixo homenaxear ás persoas xubiladas deste municipio.

Díaz Mouteira destacou que os maiores constitúen un dos piares fundamentais desta comunidade, e por esa razón garantiu o compromiso da Xunta de Galicia por continuar achegando recursos e servizos de proximidade para mellorar a súa calidade de vida.

Dejar una respuesta

Please enter your comment!
Nombre